viernes, 17 de octubre de 2008

Ollos azuis coma o xeo

No San Rafael o xeo era azul. Moi, moi azul.

O vídeo o fixen eu, e na realidade era máis azul. Un azul engaiolante de miles de anos. Só cando pasa tanto tempo se acada un azul tan intenso, porque só canda pasa tanto tempo se consigue que fique compactado sen prácticamente burbullas de ar para que a luz no se reflexe e poida penetrar na masa. Pero non todas as lonxitudes de onda o fan na mesma profundidade. O azul ten máis enerxía e penetra máis por iso vemos esta cor.

Pero non é azul turquesa, nin azul ceo. É diferente, é azul xeo.

As formas caprichosas dos témpanos eran auténticas esculturas. Semellaba as veces que alguén, humano claro, pasara por alí para deixalas efímeramente esculpidas para nos.

Para moitos e moitas as persoas loiras de ollos azuis de formas esculturáis resúltanlles fascinantemente atractivas, máis ainda que o glaciar. E tamén coma o glaciar débese o que pasou hai miles de anos, din que uns 10.000, cando unha persoa sufriu unha mutación no xen HERC2, produciu menos melanina e tivo os primeiros ollos azuis. Desta persoa descenden todos os actuáis ollos azuis.

Ojos azules tenía

la niña que me engañó

ojos de color de cielo

¡mira tú si fue traición!

4 comentarios:

Cuspedepita dijo...

Non imaxinaba que o xeo sería azul, sempre pensei que se vería branco coma a neve.
Tampouco se me ocurrira nunca pensar de onde viñan os ollos azuis.
Pero que conste que a min sempre me gustaron máis os ollos negros, anque recoñezo que os azuis son moi fermosos (pero mentireiros ;-)jajaja)

Antón de Muros dijo...

Nesta entrada podese entender con claridade que a física, a historia, a bioloxía e a poesía teñen moito que ver ;-)

Unha aperta de 500 nm ;-)

Antón.

Lula Fortune dijo...

Máis, máis, conta máis...

Anónimo dijo...

¡Iso iso! ¡O dos juiskises e o do outro e as outras! xD