miércoles, 15 de octubre de 2008
Os que non son primeiro Mundo
Na Miña estadía en Chile tiven oportunidade de coñecer ao Intendente da Rexión de Valparaiso (o da foto), que ven a ser, salvando as distancias, coma o Touriño de alá. Estivo a falar brevemente nun discurso público -pero extensamente na cea posterior- do engano que está a supor para os paises que non son o primeiro mundo as doctrinas e recetas que dende hai décadas venlles recomendando o FMI ou o Banco Mundial. Antonte Lula coincidía nesta tese, a pesares das distancias ideolóxicas e de tradición de relación co norte destes dous países.
Algo se está a cociñar en América Latina. E pode que o vexamos pronto.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Times are changing, ou eso dicía o Dylan ese... hai xa corenta anos. Alégrome de ver que aínda anda por aí e que está en forma, sr. de Occam.
moitas gracias canciño. devolvereille a visita pronto que xa teño ganas
Sen tempo non sería que se cociñase algo por alá, ¿verdade?
Pero con moita intelixencia política e económica e ollar a longo prazo. Non se arranxa en pouco tempo esa situación, e, creo eu, que leva consigo ademáis, a outros niveis, facer cambios na mentalidade da xente de a pé que tampouco son dous días.
Polo menos esa é a impresión que eu trouxen de Arxentina. Quizá en Chile sexa menos evidente.
Uf! Banco Mundial, FMI...A COSA NOSTRA para AméricaLatina. Alégrome de velo de novo, e non nos deixe oh...!
Oxalá sexa así. Porque está claro que esas teses, ademáis, están caendo na práctica.
Publicar un comentario