domingo, 26 de octubre de 2008

Bumerán


Hoxe estivemos a dar unha entretidísima volta en bici polos montes da Groba. A miña filla estívome a contar cómo se empregaba en Australia o bumerán para a caza. O certo é que non é un invento australiano, nin sequera teñen a exclusiva -coma os canguros- por mor da insularidade. Tampoco é verdade que sempre volten a mao do lanzador. Este primitivo pauciño, en sus diversas formas, coñécese en prácticamente todalas culturas e dende hai anos é un deporte que conta cunha morea de fanáticos que inventan, fabrican e compiten cos seus terbellos. En España existe una asociación http://www.boomeralia.org/ que foi de donde tirei a foto.

Levo pateando a Groba dende neno. Gosto dela como é e como está. Por iso solidarízome e únome dende este blog cos esforzos que o meu amigo Xoxé Lois (http://www.sosgroba.blogspot.com/) e outros coma él están a facer para que non mude e para que a miña filla chegue a miña idade disfrutándola coma hoxe.

Aproveito para recomendar que si tedes ocasión non vos perdades a visista guiada que fai Xoxé Lois Vilar os petroglifos do Outeiro dos Lameiros

2 comentarios:

Antón de Muros dijo...

Longa vida á Groba!

Unha aperta dende o sur.

Antón.

Cuspedepita dijo...

Amén sobre a Groba :-)

E sobre o bumerang, cantas veces desexei que certas cousas se convertiran en búmerang e lles volvesen aos fuciños aos que as lanzaron ao ar (ou a outros.