viernes, 31 de octubre de 2008

Fania All Star, e guerra



Gracias a que os condensadores electrolíticos de tántalo teñen gran capacidade por unidade de volumen e baixa impedancia electrica a altas frecuencias pódense usar en dispositivos miniaturizados. Elo permíteme estar a ollar e escoitar no meu iPod o vídeo de La Fania que vedes aquí.

****

Tal día coma onte de 1974, Foreman e Mohamed Ali enfrontáronse nunha histórica pelexa en Kinshasa no daquela Zaire de Mobutu. Aproveitando o evento Fania All Stars deron un concerto inesquecible no estadio Statu Hai da capital congoleña ante un público de preto de 80.000 persoas.

Pola nómina da Fania, chegaron a pasar:

Héctor Lavoe (voz); Cheo Feliciano (voz y maracas); Ismael Miranda (voz y maracas); Adalberto Santiago (voz); Pete "El Conde" Rodríguez (voz, güiro); Santos Colón (voz); Bobby Cruz (voz); Ismael Quintana (voz); Celia Cruz (voz); Ismael Rivera (voz); Justo Betancourt (voz); Rubén Blades (voz); Hector Zarzuela (trompeta); Roberto Rodríguez (trompeta); Larry Spencer (trompeta); Wilfrido Vargas (trompeta); Barry Rodgers (trombón); Reinaldo Jorge (trombón); Willie Colón (voz y trombón); Larry Harlow (piano); Ricardo Ray (piano); Papo Lucca (piano); Eddie Palmieri (piano); Ray Barreto (congas); Mongo Santamaría (congas); Eddy Montalvo (congas); Willy Romero (congas); "Dandy"Johny Rodriguez jr. (congas)(Tipica 73); Milton Cardona (congas); Orestes Vilató (timbales); Nicky Marrero (timbales); Roberto Roena (bongós); Bobby Valentín (bajo); Salvador Cuevas (bajo); Pupy Legarreta (violín); Alfredo de la Fé (violín); Yomo Toro (Cuatro, Tres y Guitarra); Johnny Pacheco (flauta y director musical); Tito Puente (timbales, batería); Joe Bataan; José 'Monguito' Santamaria (primera voz del grupo en 1964 y piano); Louie Ramirez (vibráfono); Jimmy Sabater; Luis Alberto "Toto" Rivero de Venezuela; ;


***


Onte o Congo volveu a ser noticia, esta vez -outra vez- pola guerra. De novo, o control do coltán parace estar por detrás de toda ista barbarie. O ordenador co que escribo, a teléfono co que estou a falar, toda a electrónica que consumimos no primeiro mundo depende do tantalio que está no coltán.



O Congo ten, na rexión dos Grandes Lagos, o 80% do coltán do mundo e o 100% das causas da nosas vergoñas de sociedade rica.

Qué todas as pelexas no Congo sexan as de Foreman e Alí!!!!!


7 comentarios:

Antón de Muros dijo...

Todo pola (Fe, Mn)Nb2O6 e máis a(Fe, Mn)Ta2O6 :-(

Grazas pola música.

Saúdos.

Antón.

Cuspedepita dijo...

Ata fai moi pouco non escoitara falar do coltán, e aposto a que hai moita xente que non sabe nada del.
É curiosa a pouca información que temos dalgunhas cousas, e é terrible pensar que quizá non a temos porque non interesa que a teñamos...

Nuca dijo...

efectivamente hai moitisima xente que non sabemos nin a mitade do que se coce no mundo

LM dijo...

deus! mete medo pensar em todo isto...
beijos

Nuca dijo...

Grazas pola visita LM

Raposo dijo...

Parece que as pelexas de agora son mais ruins e teñen intereses mais escuros (ben, non tan escuros).

R.R. dijo...

Ben falado, señor da Navalla. Así é.