viernes, 23 de mayo de 2008
morte dun alpinista
Levo saindo ao monte dende moi cativo. Durante un tempo tiven devaneos ca montaña e sempre me sentín engaiolado por este deporte e sobre todo polos alpinistas. Xa de neno ollaba absorto a telefunken de branco e negro cando Pérez de Tudela narraba as súas aventuras.
Hai tempo que non me emocionaba tanto unha crónica como a que ven na edición de El País de hoxe. Na cara sul do Anapurna que vedes na foto fica neste momento o corpo de Iñaki.
Qué é o que lles impulsa a deixar ata a vida por acadar o cumio? Non podo imaxinar como ten que ser de fabulosa a intensidade do pracer, o torrente de endorfinas que se deben liberar cando eses alpinistas chegan a sua meta, como para compensar o risco certo de morrrer por elo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
A min pasóume outro tanto con eses toliños de Al filo de lo imposible (Pérez de Tudela quédame algo máis lonxe). Fico pegado co fuciño á tele cando aparecen coas súas imaxes increíbles, a súa lírica narrativa engaiolante, a sinxeleza do puro e do salvaxe, cada vez máis difícil de atopar... Esta xentiña non é convencional, o seu patrón de conduta case corresponde ó duns inadaptados (en palabras deles). Son da caste de personas que mesturan místicismo, ciencia e deporte, e un séntese como un anano en comparación con eles. A mín pásame, alomenos... qué sana envexa e como os admiro... Descanse en paz Iñaki.
Algo ten que ter a montaña que atrae tanto. Quizais non se poda definir con palabras pero hai algo máxico que os impulsa a subir, malia a súa peligrosidade.
Impresionante todo o relacionado coa morte deste alpinista. A verdade é que rescatalo semellaba unha empresa imposible.
Supoño que ninguén máis que outros alpinistas pode imaxinar o que se sente alá no cumio, pero imaxino que verse capaz de chegar alí ten que ser moi adictivo.
A mín deume moitísima pena, estiven seguindo a noticia ata coñecer o tráxico final.
Esta xente está feita doutra pasta, doutra materia, dignos de admiración, reflexan a parte máis sana da vida, e non me refiro exclusivamente ao físico, todo o contrario.
Eu, coma moitos, nunca sabremos nin chegaremos a comprender, como é o imán que os atrae. Pero é así.
estou totalmente dacordo co que contades. están feitos doutra pasta
Publicar un comentario