miércoles, 7 de mayo de 2008

brasil


Levo uns días neste país, e cada un deles é unha sorpresa maior. O primeiro que chama a atención é a sua inmensidade en todolos sensos. O luns estivemos co ministro de educación e apresentounos un plan co que van a incrementar en 16.000 os doutores nos vindeiros dous anos. E como isto calqueira cousa das que se está a falar aquí nestes días: biodiversidade, producción de alimentos, estudantes universitarios. Todas as cifras aquí son enormes.

Onte a noite aconteceu algo absolutamente cotidiano no Brasil. Fumos convidados a cear a casa dun amigo. Vive nun edificio amurallado cun sistema electrónico que avisa se alguen chimpa o muro a un garda de seguridade que se atopa nunha garita fortificada na entrada da finca. O taxista mostrouse reticente a ir a buscarnos para voltar ao hotel porque pasaban das 12 da noite, e na viaxe de volta non parou en nigún semáforo ainda que estiveran en vermello.

Neste país, todo e grande. O medo tamén.

4 comentarios:

Zerovacas dijo...

seguirei o que escribas sobre o brasil entre o interese (desmedido) e a envexa (insana). Supoño que o tamaño das cousas no brasil (sistemas educativos, cidades, mercados do libro, por exemplo) é mesmo difícil de imaxinar

R.R. dijo...

¡Qué dura é a vida do investigador! ;-D

Eu tamén andarei atento ó que conte. Supoño que ademáis de non parar nos semáforos, sen orillar...

¡Saúdos!

Raposo dijo...

Desde a nosa vella e confortable Europa estas cousas resultan chocantes. Pero existen.

Cuspedepita dijo...

Teño uns cantos amigos por ahí e xa lles tiña escoitado este tipo de cousas. A inseguridade acaba por facer que ún non teña liberdade.