sábado, 8 de marzo de 2008
Risa, blogoencontros e asasinos
As últimas descubertas están a dicir que a risa xa non é patrimonio exclusivo humán. Seica os cans e mesmo as ratas son capaces de rir, ou alomenos de estimular o seu sistema límbico do mesmo xeito que o facemos nos co noso cando botamos gargalladas. A risa espontánea e sinceira ten utilidade fisiolóxica e social: permite liberar tensións e empatizar con outros semellantes. A risa artificial e forzada, gobernada por outras áreas cerebrais non ten tales propiedades. Estímase que os nenos rin por riba das 300 veces ao día, mentras que, pola contra os adultos chegamos con dificultade as 100.
O pasádo mércores nas birras e posterior cea con distinguidos blogueiros que se asoman por esta páxina (Arumes, Ana Bande, Lula) e xente das letras (Pablo, Virginia, Inma) por mor da visita de Ruibal, rimos moito. Foi francamente divertido coñecer a ese grupo de persoas tan interesantes e con tanto sentido do humor.
Eu esperaba que o sorriso non se me ía borrar da cara ata ben pasada a resaca electoral, pois estu certo de que mañá imos obter un bo resultado, pero o atentado de onte evaporou toda a alegría que tiña acumulada da semana.
Non concibo que os asasinos podan rir coma nos. Non os podo imaxinar distendidos ca sua familia, fillos ou amigos en torno a unha mesa pasando unha divertida noite. Eles non poden ser coma nos. Non son coma nos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
10 comentarios:
Grandísimo post, amigo Occam. Precioso.
Despois do dito por vostede, amigo Oki, colixo que os asasinos rin coma apestosas ratas de alcantarilla.
Calquera que teña can, ou que lle gusten os cans, sabe que rin. Até se lles pon cara de riso, non sei exactamente como.
Coido que pode ser perigoso caer na tentación de "deshumanizar" aos asesinos (ou aos violadores, ou aos maltratadores) de pensar que "non son coma nós", de esquecer que todos somos capaces do mellor e do peor, incluso as dúas cousas xuntas. Einstein era un xenio e asinou un manifesto pacifista pero era un maltratador. Por exemplo.
Coincido con Arume. Qué buena entrada.
Quisiera poponerle, no obstante, como hombre de cienda que es, el análisis de una tercera risa a añadir a la taxonomía hecha. La sarcástisca. Siempre hiriente. Quizás sea en la que con rictus trágico se empleen a menudo los pistoleros.
Un fuerte abrazo.
Tendemos a pensar que, dalgún xeito, os criminais carecen de determinados atributos, porque iso contribúe a distanciármonos deles -por elevación- e a autoconvencernos de que non son como nós. Pero lamentablemente non é así exactamente, porque a realidade é que seguen compartindo co resto da humanidade outras cualidades. É moi probable que os asasinos gocen dunha risa franca, como cando un deles encargaba uns langostinos dende o cárcere para celebrar outros atentados con vítimas, e mesmo crean sinceramente na utilidade (é dicir, na bondade intrínseca en último extremo) dese acto execrable que é asasinar ó próximo. Tamén soubemos estes días atrás que outro fulano destes é un atleta afeccionado consumado que participaba en maratóns limpos en que se premia o esforzo e outros valores positivos dos que nos queixamos que non están presentes nas novas xeracións. Os seus chivatos e colaboradores, á súa vez, son viciños das vítimas, e teñen profesións ben consideradas socialmente e remuneradas en consecuencia: non forman parte do lumpen nen dos desheredados. ¿Ou é casualidade que dun pobo de 25.000 personas só unhas 500 asistiran ó enterro do pobre Isaac?. Outros, non deportistas pero sí melómanos e amantes da cultura, desfrutaban coa música de Beethoven ou co teatro clásico alemán na intimidade dos seus fogares e na compañía da súa familia, como bos pais de familia, á volta do seu traballo, consistente en gasear xentiña... Resulta terrorífico decatarse desta banalidade do mal presente na condición humana, da que nos falara ben ás cheas Hanna Arendt. Esta percepción sempre nos deixa un pouso acedo na gorxa e unha poderosa desazón nos miolos. ¿Sabedes por qué?. Porque eles tamén forman parte da condición humana, e tanto eles como os seus móviles, como mesmo as súas patoloxías. A serpe aniña silente entre nós. E os seus ovos agroman a cotío.
Carallo, que cousas máis sinistras acabo de ceibar. Vai ser mellor que rectifique: quédome coa primeira parte do post para poderme ir deitar cun sorriso no fuciño. E cunha lene sensación de (sá) envexa por non poder asistir a este tipo de actos sociais... Unha apertiña a todos.
Señor Occam: que ben o pasamos. Hai que repetir (sen mocos).
Sospeito que eles (falo dos pistoleiros) tamén son capaces; que, como din a Raíña e mailo can, non debemos ser tan distintos dos asasinos. Pero gústame moito pensar no que di Diarios de Rayuela: que a esa xente tan convencida do que cre (non pensan, ten que ser fe) a risa que mellor se lles ha de subir á cara ha de ser sarcástica, de superioridade; se non, ¿cómo pensas en que tes autoridade para sacar de diante a ninguén tan semellante a ti?.
Coincido plenamente con vostede raíña, e por suposto co canciño máis sabio do mundo mundial. Efectivamente rin coma nós e son "tan boas persoas" coma nós. Ogallá a ciencia poidera explicarnos como é que se pode escribir un poema cunha mán e apuntar á caluga coa outra...Teño algúns compañeiros que defenden actos terroristas como único método de loita contra esoutro terrorismo institucionalizado que remata tódolos días con milleiros de inocentes polos que non movemos un dedo...atopo moi difícil rebatir este argumento, a verdade. A min tamén se me esgotaros as reservas de sorrisos, moito me temo que temos que quedar de novo Sr. Occam e tan grata Cía.
quen te dixo que as ratas non rien?
Benqueridísimoa amigos:
Tedes todos máqis razón cun santiño. Tan só unha apostilla. Cando afirmo que non son coma nos é mais un desexo, case que unha figura retórica, máis que, desgraciadamente, unha realidade.
Ben sei da condición humana...
Gracias a todos
Publicar un comentario