lunes, 24 de marzo de 2008

puntualidade


Teñen aquí en Holanda unha páxina web que planifica rutas en transporte público. Ainda sen saber dutch podes facerte rápidamente ao programa. Por exemplo si quero ir dende a miña casa ao aeroporto métolle a miña dirección e dun clik presentame todalas posibles combinacións.

Por exemplo: saia as 9,35 da casa, camiñe 7 minutos ata a parada da rua Arboretum. As 9,45 colla o bus da liña 88 ata a estación de tren, onde chegará as 10,12. Colla o tren das 10,17 no peirado 3 dirección Den Heger e descenda as 10,50 en Utrech no peirado 5. Cambie o peirado 7 e colla o tren das 10,55 a Schiphol, onde chegará as 11,20 ao peirado 3. Saia da estación e camiñe 3 minutos o ata o aeroporto.

O sorprendente non éo grado de detalle das explicacións. O que verdadeiramente te deixa pampo é que clavan os tempos. Todo funciona exactamente como di o programa. Todo está perfectamente combinado, sincronizado e puntualizado. Nin un minuto más nin un menos.

Qué país, mi má!!!! Eu nunca imaxinara unha cousa así. Un día fxen 5 transbordos de bus a tren a bus e a tren e mallaron os horarios previstos. Talmente parece máxia.

Lémbrome do omnibus aquel que me levaba de estudante a Compostela. Chovía dentro e os venres sembra ia ateigado de rapazada. Nunha ocasión chemos o sábado pola mañán, pois averiouse na ponte de Arcade e alí quedamos 8 horas pendurados ata que o amañaron.

12 comentarios:

Anónimo dijo...

mete medo as distancias percorridas e a infima marxe de erro.

Ana Bande dijo...

Pois eu lembro unha viaxe Ourense / A Coruña nun autobús que logo de dúas horas fixo unha parada para...xa se sabe. Baixei e fun ao bar seguindo ao resto dos pasaxeiros e preguntei ¿pero onde estamos?...en Melide...aínda faltaba outro tanto para chegar á Coruña.

Nuca dijo...

Pois é certo que é proberbial a puntualidade, como o eran as aventuras que conta Ana

Nuca dijo...

Pois é certo que é proberbial a puntualidade, como o eran as aventuras que conta Ana

la rata bastarda dijo...

Fun nunha ocasion ata Barcelona en tren,retrasouse vai ti saber canto tempo( a ida e mais a volta)....cando cheguei de volta,fun a atencion ó cliente e esixin que se me devolvesen os cartos polos retrasos,increiblemente...fixéronno,devolvéronme o 50 por cento do billete....
Ó parecer Renfe devolveche o diñeiro se tes mais de media hora de retraso,asi que xa sabes....
bicos mil
;)

Raposo dijo...

Vale, eu mañá vou en tren de Vigo a Santiago. A chegada está prevista as 14,33 h. A ver canto tempo se retrasa.

Clara Flor dijo...

Na Belgique haino igualmente. O tren tren, ainda fun o outro dia estando en Vigo a Santiago e mellorou. No nadal fun a Ourense e creo que empeorou, pero ai, que fermosura....apertas e grazas polo ollar a un post triste

R.R. dijo...

Resumo a miña experiencia:
As viaxes que fas con RENFE
non teñen máis ca unha pega:
sábese cando se sae,
pero non cando se chega.

E de xeito menos poético e máis marketínico:
"RENFE, nunca viaxarás tanto tempo por tan pouco diñeiro"

E que non podo, eu fun estudiante coruñés en Compostela, viaxante un ano enteiro no Shanghai (Galicia-Barcelona), e necesitaría un tomo da Britannica en branco para contar tanto retraso. Ata chegaron a devolverme diñeiro de tanto que se retrasou unha vez o Shanghai (que xa eran 13 horas chegando en tempo).

Non podo, non, ademáis botaría a chorar. Leo o seu post e paréceme cienciaficción.

A Raíña Vermella dijo...

O único bo do bus para Compos... é que vas a Compos. Polo demáis, nunca entenderei mellor o que deben sentir as vacas cando van á feira.

torredebabel dijo...

pois se un dia queres coñecer o contrario, xa podes ir mercando un billete para a Arxentina.

Ana Bande dijo...

e falando de puntalidade, eu veño por aquí tódalas noites logo das miñas oracións e non atopo ao Creador, meu deus por que me abandonaches. Orillar orilleime, funme orillandoó...

la rata bastarda dijo...

Pssst,pssst!!!! Sr.Occam...seica montou no tren o 24 de Marzo e inda non chegou????
Onde estaaaaaaass!!!!!!!!

;)