lunes, 31 de diciembre de 2007

xa estou de volta



Xa volvín, e veño encantado. A viaxe foi certamente interesante. Por outra banda nada que que non agardara, pois xa tiña estado alí e coñecía ben a amabilidade e o agarimo co que aquelas xentes acollen os amigos. Xa irei contando polo miudo en novos post. Hoxe tan só unhas estampas do pais.

A que antecede a estas liñas é un clásico: o solpor no deserto. Por certo ese día iba unha friaxe insoportable. O deserto é un ecosistema ben curioso. A pesares do seu nome existe unha manchea de vida nel nun equilibrio tremendamente feble. Preocupoume ver como a agricultura tradicional sostible baseada na surxencia espontánea de oasis nas aldeas destas terras está a ser substituída por outra -con vocación industrial- que está a explotar agua fósil que tiran de profundidades de máis de 1500 metros para regar a manta palmeirais para a roducción de dátiles. A auga, que se atopa a uns 60ºC, non xurde espontáneamente dos pozos e ten que ser bombeada e seguidamente enfriada para poder utilizarse. Velaí un palmeiral:


Ainda que está a impactar ainda máis a actividade turística. Os hotéis medran coma cogumelos nas zonas turísticas. Eu contei 4 en construcción tan só na cidade de Touzeur. Obviamente todos de luxo e con piscina. Pode que estedes a pensar en semellante exemplo de insostibilidade. Pois iso non é nada. O paroxismo da tolemia turística é un campo de gol de golf en medio do deserto. Sí, sí, en medio e medio do deserto!!!

Por certo, para os que teñadaes cativos na casa, mirade o que atopei:



8 comentarios:

Anónimo dijo...

Preciosa foto esta última. Xa contará, que seguro que vostede mirou moito entre chilabas.

Raposo dijo...

Pola foto vexo que os reis magos veñen de camiño. A ver se chegan a tempo e me tran o scalextric que lles pedín.
Feliz 2008.

DIARIOS DE RAYUELA dijo...

Bienvenido. Hace casi veinte años viajé a Túnez. Aún recuerdo con emoción aquellos días. Por cierto cuando estuve en Tozeur, Batiatto hablaba de esa ciudad en una hermosa canción.
Un abrazo.

Zerovacas dijo...

Moi boa foto. Pois benvido. Eu o máis cerca que estiven do deserto foi en Ouarzazate, en Marrocos. Moi fermoso

Nuca dijo...

Rayuela, en efecto había una canción de Batiatto. Me imagino que hace 20 las cosas no eran como las ví yo éste ni el pasado año (que también tuve que ir a trabajar). Pero asusta ver la locura del modelo de desarrollo por el que optaron estas gentes del desierto. El turismo sin ser de masas puede ser una fuete de riqueza sostenible. Costa Rica lo está haciendo así y parece que con éxito

Nuca dijo...

Zerovacas, eu tamén estiven en Ouazarzate. Con sete amigos e amigas pasamos un mes dando rulos por aquelas terras nun Nissan Patrol que nun tempo fora da telefónica e que alugounos un cordobés que chamábase Almagro. A única persoa que quiso alugarnos un todoterreo en toda España.
Qué recordos!!!. Lembro con cariño a Ali moustache, un daqueles amigos (que xa morreu) que recibíu tal alcume nesa viaxe

Ana Bande dijo...

Grazas polas crónicas Occam. Exipto tamén é un exemplo do que non se debería facer en temas xa non só de sustentabilidade, senón de ética. Aparte destes hoteis de luxo nos que nos aloxan os ricos occidentais para agochar ao verdadeiro país, tamén vin campos de golf no deserto. Concretamente en Giza, nun delirante paseo polo estercoleiro que é esa cidade, chamoume a atención unha cor verde un pouco artificial, non podía crelo, un campo de golf no medio de tanta pobreza e abandono. Malia todo, a sustentabilidade ten que comezar polas persoas. En Exipto hai nenos, e sobre todo nenas de menos de oito anos abandonados polas rúas vendendo o que poden por unhas miserentas piastras.

Nuca dijo...

Non quixen falar expresamente da ética dese modelo de desenvolvemento porque é un asunto no que é fácil esvarar. A pesares do que sinalas non se pode esquencer que o turismo é un motor importante de riqueza para moitas rexións que non teñen moitos máis recursos de desenvolvemento. Lóxicamente o turista ten que ter cartos para desplazarse aos lugares que visita e os lugareños teñen que ser astutos para tirrarllos. O problema é que o pan de hoxe non sexa a fame de mañá.