sábado, 15 de diciembre de 2007

meme



Convida Lula a amosar o currunchiño de traballo. Occam está nestes momentos a piques de sair de viaxe (de traballo, claro) cara Túnez e deixoume encargada de atender os seus asuntos nestes días. Eu acepto gustosa e mesmo atrévome a sair na foto, ainda que agora estou un pouco cansa.

Teño que advertir que non todolos ordenatas son de Occam. El non da para tanto, coitado. É que tamén a muller e a filla deixáronme cadansúa máquina.

Se queredes algo non dubidedes en escribir.

Eu gostaría de ver como é o curruncho de Rayuela, Ana bande e Ruibal.

Guau, Guau (Bicos)

Nuca

6 comentarios:

Lula Fortune dijo...

Hola Nuquiña!!!! Deixaronte soa eses ingratos...
Pois vaia sobrecarga de máquinas...uns tanto e outros tan pouco (díceme Francisco Machuca, a quen lle encarguei tamén o meme, que escribe nun ciber! porque non ten ordenador).
Vexo que a súa é unha familia "conectada". Moi ben, Occam, dou por satisfeita a miña curiosidade. Faga moitas fotos en Túnez e traigalle algo a esa santa que lle fixo o meme!!!

R.R. dijo...

Por aquí xa contestaron...

A Raíña Vermella dijo...

Logo deducimos que aquí a única que traballa e Nuca, guapísima na foto por certo. Moi agradable o teu curruncho;)

Anónimo dijo...

Vexo moito portatil (vostede, a súa dona, a súa filla... suman tres e vexo catro: a/o amante?).

torredebabel dijo...

que bonito meme! sempre pensei que os recunchos de traballo falan abondo das persoas que os viven, que os enchen de cousas, e que lles imprimen o seu estilo.

A Raíña Vermella dijo...

Blogoquedada o día 11? Centralizado no correo do Espello, prégase confirmación;)