martes, 29 de mayo de 2007

Cervexa e viño fan bo o camiño


Son un gran bebedor de cervexa. Quero dicir que bebo diariamente e gósto de empregala coma excusa dunha agradable tertulia vespertina nos bares (qué lugares tran gratos para conversar, que diría Urrutia). Séntame millor que o viño, non sei se é porque estou mais afeito a primeira ou por que no podo tomar unha cantidade equivalente do segundo sen experimentar unha desinhibición que non consigo lembrar ó día seguinte.

A cuestión é a contradicción na que vivo e o desacougo que me produce. Porque, como veño de dicir o corpo me pide cervexa pero a mente viño. O viño é unha bebida moito mais requintada. Forma parte de nos coma civilización. Estamos a coevolucionar con él dende hay miles de anos. Coma diría o meu bo amigo José Posada do viño o importante é a sua metafísica. Que a bo fé que a ten!

A cervexa coma hoxe a coñecemos ven de terras onde a uva non medra porque alí non hai sol abondo nin mornos invernos, ven do mesmo norte dos bárbaros de hai 2000 anos e dos civilizados pobos que hoxe, por mor do clima, non poden empregar coma nos prazas e rúas para a relación social é cidadán.

Dende hai uns anos os cerveceiros están a promover estudos para vencellar a cervexa e a saúde. Eu os coñecin en Vigo no 2001 ainda que xa levaban tempo traballando, e todolos anos fan unha campaña de prensa. A deste ano ten coma protagonista ó meu ídolo deportivo xuvenil: o médico Corbalán.

Seguirei os seus sabios consellos ca conciencia mais tranquila porque medro en saúde

[Foto: Estatuilla de una mujer fabricando cerveza. Mastaba de Meresanj. V Dinastía]

3 comentarios:

besbe dijo...

Alédome ser a primeira en comentar porque todo o que escribes ben o podía firmar eu :)

Oiches, e si que me fixeches sorrir, moi agradecida. Bicos!

Anónimo dijo...

Eu tamén son máis de cervexa. O viño non é que estea mal, pero non se pode comparar. Ademais, agora a xente está dun repunante co viño... Que se afroitado, que se mellor un Ribera del Duero, que se os taninos, que se a colleita do '99... Mecagonetodo! Bebe e cala, joder!
Eu comprendo que mentres os cervexeiros mexamos e erutamos seguido, quero dicir, que estamos máis abertos ao exterior, o viño é unha bebida como máis introspectiva, leva máis a iso, á metafísica. O dito: hai que joderse!

R.R. dijo...

Dios, pero se non hai que comparar. Hai que beber de todo ata onde un poda ou saiba. E acabouse (eu son máis bebedor de cervexa pero recoñezo que co viño toleo).