viernes, 1 de junio de 2007

Unha nova editorial.

Noraboa a Ramón Nuñez -a quen lle adiquei o primeiro post deste blog- porque agora presenta a súa nova aventura editorial e blogueira: lepourquoipas

Agardo que teña un manchea de éxitos

jueves, 31 de mayo de 2007

Desenvolvemento e Golf


Sempre chamoume a atención ese deporte do paliño, e non o digo con admiración senon todolo contrario. Quero dicir que non acabo de ver a gracia de tal "deporte". Pero claro, teño que recoñecer que pode ser froito do meu descoñecemento a un mundo que me é totalmente alleo.

Pola contra, parece que a miña opinión non é compartida polos moitos golfistas -que non golfos- que enchen os 304 campos que existen na actualidade en España. Máis este dado non é o relevante. O verdadeiramente importante é a evolución do número de campos de golf nos últimos anos, e especialmente a súa concentración no sul da península alí onde máis déficit de auga existe. O medre expoñencial non parece que vaia ter fin nos próximos anos

A cuestión ainda complícase ainda máis se se ten en conta que dende hai tempo a moda consiste en asociar a cada campo unha urbanización de casiñas co seu pequeno xardín.

Seica ando trabucado e como din por Murcia é certo que é un motor de riqueza e desenvolvemento turístico.

Coma os que andan a urbanizar o litoral se enteren que por eiquí chove mais...

[O gráfico foi elaborado cos dados da propia Real federación de Golf de España]

martes, 29 de mayo de 2007

Cervexa e viño fan bo o camiño


Son un gran bebedor de cervexa. Quero dicir que bebo diariamente e gósto de empregala coma excusa dunha agradable tertulia vespertina nos bares (qué lugares tran gratos para conversar, que diría Urrutia). Séntame millor que o viño, non sei se é porque estou mais afeito a primeira ou por que no podo tomar unha cantidade equivalente do segundo sen experimentar unha desinhibición que non consigo lembrar ó día seguinte.

A cuestión é a contradicción na que vivo e o desacougo que me produce. Porque, como veño de dicir o corpo me pide cervexa pero a mente viño. O viño é unha bebida moito mais requintada. Forma parte de nos coma civilización. Estamos a coevolucionar con él dende hay miles de anos. Coma diría o meu bo amigo José Posada do viño o importante é a sua metafísica. Que a bo fé que a ten!

A cervexa coma hoxe a coñecemos ven de terras onde a uva non medra porque alí non hai sol abondo nin mornos invernos, ven do mesmo norte dos bárbaros de hai 2000 anos e dos civilizados pobos que hoxe, por mor do clima, non poden empregar coma nos prazas e rúas para a relación social é cidadán.

Dende hai uns anos os cerveceiros están a promover estudos para vencellar a cervexa e a saúde. Eu os coñecin en Vigo no 2001 ainda que xa levaban tempo traballando, e todolos anos fan unha campaña de prensa. A deste ano ten coma protagonista ó meu ídolo deportivo xuvenil: o médico Corbalán.

Seguirei os seus sabios consellos ca conciencia mais tranquila porque medro en saúde

[Foto: Estatuilla de una mujer fabricando cerveza. Mastaba de Meresanj. V Dinastía]

domingo, 27 de mayo de 2007

A Creu Roja perde o norte?

Tiña preparado outro post para esta noite, pero cando distraidamente na cafetería lin no Atlántico de hoxe o artigo de Manuel Molares do Val, case que non puiden rematar o cortado. É unha inciciativa da Cruz Bermella catalana. Ó parecer teñen de xira a Carmen Cumbia presidenta das parteras de Cotacachi. A entrevista na Vanguardia non ten desperdizo.

Non acabo de comprender este xeito de mixturar churras con merinas: Qué terá que ver a mediciña natural baseada na fitoterapia con chamanismo supersticioso. Definitivamente non avanzamos.

sábado, 26 de mayo de 2007

emocións e transgresións


Estes días nos blogs de Arume e Marcos Valcarcel ándase a discutir sobre las emocións que provocan os actos académicos e as herdanzas do maio do 68.

Un non moi coñecido lema daquela primaveira que dicia: “Un policía durme con cada un de nos: hai que eliminalo”, faime pensar que, pradóxicamente e en certo modo, só agora o chegaren ó mediodía vital, estou a conseguilo deixándome levar polas emocións as veces dionisíacamente as veces non.

miércoles, 23 de mayo de 2007

Asasinos


Lombroso foi un médico italiano que desenvolveu no século XIX unha delirante teoría -baseada en prexuicios carentes de calquer rigor metodolóxico e científico- na que se sostiña que o comportamento criminal tiña un fundamento xenético asociado a certos rasgos fenotípicos. Simplificando: si eras feo e pobre era moi probable que foras culpable. O problema é que estas ideas serviron de proba de cargo en moitas ocasións.

Nun estudio de hai uns anos se chegou a conclusión que existían un grupo de homicidas que non podían ser clasificados como sicóticos, paranoicos o sicóptas. Tratábase de persoas normais.

Pregúntome se chegaremos a explicar o proceso mental que leva a unha persoa absolutamente normal a matar a súa parella despois de decenas de anos de convivencia, de ter pasado e superado xuntos afogos, angustias, desvelos. Por qué, sen ter precedentes de violencia, o fan xusto cando xa se albisca o final desa súa congostra vital?

Dalgún xeito sería reconfortante para un cerebro racional que poidésemos atopar explicacións sinxelas coma as de Lombroso para tal irracionalidade.

lunes, 21 de mayo de 2007

As Cardenhas da Peneda e a realidade nacional


Os enxeñeiros e arquitectectos coinciden en sinalar como un auténfico fito histórico o descubrimento do arco e, posteriormente, da cúpula. En ambolos dous casos a base estutural é a existencia dunha pedra chave sobre a que descansan as cárregas lateráis.

Esa larga ponte aproveitei para pasear pola Serra da Peneda, un dos mais sobranceiros Parques Nacionais do noso veciño Portugal que se atopa a un tiro de pedra (nunca millor dito) de Vigo. ainda que xa visitara o parque noutras ocasións, descubrin nesta as Cardenhas. Trátase dunha construcción moi primitiva que empregaban nas Brandas (pobos habitados de primaveira a outono) os pastores do lugar para alí levar o gando. As Cardeñas están feitas todas en pedra con planta cadrada cunha parte inferior destinada o gando e unha superior con entrada independente ós pastores. Pero o máis destacado delas é o teito que constitue una seudo cúpula circular feita tamén en pedra que non ten chave.

Na foto pódese ver unha delas que atopei nun dos escasos enderezos que existen na web onde se dí que son "anteriores a nossa nacionalidade". Chamoume a atención porque esta misma afirmación oubinna dos beizos de José o dono do acampamento e outros establecementos hosteleiros de Lamas de Mouro que pasa por ser un dos mellores coñecedores e promotores da comarca.

Lembroume todo elo a polémica que xurdiu hai un tempo ca publicación da proposta de estatuto do BNG na que, no seu preámbulo se dicía que "A chegada dos suevos consolidou o
marco político dun Reino de Galiza que, mediado o século VI, xa se aprezaba
constituído. Nos séculos XII e XIII os avatares políticos dividiron este espazo
galaico xurdindo Portugal".

Recordo tamén que un vello amigo, quero dicir xa xubiliado, falando disto recitoume uns ripios que empregaban eles cando rapaces para memorizar a lección:

Suevos, vándalos y alanos
como milanos rapaces,

se repartieron audaces

todo nuestro territorio.

Los vándalos, la oriental,

los alanos la occidental,

y a nosotros, menos mal,
que nos tocaron los suevos.