
Sempre chamoume a atención ese deporte do paliño, e non o digo con admiración senon todolo contrario. Quero dicir que non acabo de ver a gracia de tal "deporte". Pero claro, teño que recoñecer que pode ser froito do meu descoñecemento a un mundo que me é totalmente alleo.
Pola contra, parece que a miña opinión non é compartida polos moitos golfistas -que non golfos- que enchen os 304 campos que existen na actualidade en España. Máis este dado non é o relevante. O verdadeiramente importante é a evolución do número de campos de golf nos últimos anos, e especialmente a súa concentración no sul da península alí onde máis déficit de auga existe. O medre expoñencial non parece que vaia ter fin nos próximos anos
A cuestión ainda complícase ainda máis se se ten en conta que dende hai tempo a moda consiste en asociar a cada campo unha urbanización de casiñas co seu pequeno xardín.
Seica ando trabucado e como din por Murcia é certo que é un motor de riqueza e desenvolvemento turístico.
Coma os que andan a urbanizar o litoral se enteren que por eiquí chove mais...
[O gráfico foi elaborado cos dados da propia Real federación de Golf de España]




