martes, 18 de septiembre de 2007

Dinosaurios



Onte o ceo no Peru se abriu para deixar paso a un meteorito que deixou un considerable burato duns 30 metros. Na Voz aparece, xunto ca foto do crater, o relato do medo que ten a xente a contaminación que se poidese producir.

O medo é irracional, e por iso incontrolable e soe ser consecuencia da ignorancia e o descoñecemento. A min danme medo as alturas, quero dicir, por exemplo, andar pendurado dun guindastre ou no borde dun tellado porque non estou afeito a tales malabarismos e ignoro cal é a resistencia do guindastre ou si as tellas esbaran moito. Chamorro, o meu constructor é un auténtico trapecista e da chimpos dun andamio o outro sen a maior dificultade. Coñece e xestiona o risco.

Cada vez son máis e máis sólidas as evidencias, especialmente do rexistro fósil, de que foi un meteorito que batiu no que agora é o golfo de México, a causa da misteriosa desaparición dos dinosaurios. A pesar delo, un grupo de creacionistas anda a dicir pola rede que home e dinosaurios conviviron harmónicamente na Terra.

Dame medo a osadía desta xente, porque ignoros seus límites.

A foto é da pata do dinosaurio de Riodeva (Teruel) que se atopa no parque de Dinópolis. Eu fun este verán e é altamente recomentable non só para os picariños

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola, Occam
Direi que moito máis preto, en Colunga (Asturias) entre Xixón e Ribadesella hai un fermosísimo Museo do Xurásico tamén altamente recomendable para nenos e maiores (os dinos seguen a ser materia enormemente fascinante). Ademais, nas praias máis cercanas (hai que preguntar, pero é moi fácil chegar) hai milleiros de pegadas de dinos de todo tipo e tamaño (eu sentei nunha delas). Quizá para unha excursión dun día sexa algo lonxe, pero para unha fin de semana é perfecto. Non sei poñer enlaces: www.museojurasico.com

Nuca dijo...

moitas gracias dlH61 pola información. Irei visitalo seguro. Non sei porqué teño eu esa fascinación da que fala. De seguro non será pola idade... un rapazote coma min...

Anónimo dijo...

Si que o sabe, amigo. É moi difícil ver nunha rocha a carón do mar as pegadas dun paseo dado por un ser vivo hai 100 000 000 de anos e ficar tal cal, como se nada. Se vira vostede á miña filla maior saltar entre as pedras como unha tola berrando "aquí, aquí" cada vez que atopaba unha... Por non falar de que despois da visita non volverá mirar aos gorrións, canarios e outros paxariños igual.
Non sei se ten fillos pequenos (vale tamén para calquera que lea esto), pero pregunte polos horarios antes de ir, porque alí no museo hai obradoiros e guías especiais para os peques, que están moi ben (anda por casa un baleirado de icnita ben chulo). Tamén dan paseos polas praias onde están as pegadas.
E teña coidado, que teñen dentro un Tremendosauro solto para espantar ás visitas.