miércoles, 19 de septiembre de 2007

Emigración (morreu o rumán)




A nova da morte do emigrante rumán que se prendeu lume deixame afundido nunha tremenda tristura e faime pensar sobre cómo pode suceder que se rompan todos os fíos da rede social e se chegue a este desenlace. Plantéxome unha pregunta concreta: Cómo non foi posible atopar 400 euros para a viaxe de volta e sí un periodista gráfico que testemuñara a desesperación deste home?

Eu tamén unha vez tiven que marchar e agora convivo con emigrantes. Dos que falo son de alto estanding, os teño no laboratorio. Veñen pagados con bolsas relativamente boas e intégranse nun entorno laboral requintado e altamente profesionalizado. Hai marroquinos, cubanos, tunecinos, arxentinos, brasileiros, franceses, mexicanos, portugueses. Todos diferentes, pero todos co mesmo sentimento de ser estranos nesta terra. Os máis voltarán máis cedo que tarde empurrados pola saudade dos que deixaron atrás. Algún ficará con nos para seguir, coma ata o de agora, traballando a reo.

5 comentarios:

torredebabel dijo...

é para quedar calados. Pero faise necesario dicir que se isto pode pasar en España, entón é que non hai posibilidade dun futuro mellor porque non somos quen de aprender do noso pasado (e falo do pasado recente que non dos celtas e non sei que mais).

Anónimo dijo...

Tamén eu penso que non hai palabras. Máis aló dos 400 euros e da protección que poida dar o estado ou as ongs coido que se debe pensar que unha meirande empatía, comprensión, compaixón ou como se quera dicir, cos demais, non só rumanos ou senegaleses, con todos sen excepción, debería ser case que obrigatoria.
Supoño que é unha obviedade, pero é que non sei outra cousa que dicir.

Lula Fortune dijo...

"La vida es ese sueño que perseguimos hasta reventar". Manuel Vicent.
Un saludo, triste.

Ana Bande dijo...

Tan triste que non hai lágrimas, como lle pasou a Psamético, rey de Exipto, cando vencido e apresado por Cambises, rey de Persia, ao ver pasar perante él á súa filla prisioneira e vestida de criada, mantívose calado, cos ollos cravados no chan. E o mismo co fillo. Pero cando ollou a un dos seus criados levado entre outro presos, púxose a golpearse a cabeza e a chorar. Porque só este infortunio porde expresarse con lágrimas mentres que os outros superan con moito todo medio para poder expresalos...

Anónimo dijo...

É unha putada que en pleno século XXI a nosa sociedade, esa que algúns chaman da información e do coñecemento, aínda non aporte solucións eficaces para paliar este grave problema. En certo modo, todos/as somos inmigrantes, forasteiros dun mundo global que, a cada intre, se nos presenta máis intolerante. E nese senso, quen non é vítima dun sistema tan voraz? Velaí a miña reflexión, se callar sobexo pesimista de máis.
Modesto Fraga