domingo, 23 de septiembre de 2007

morte (e transcendencia)


Hoxe fun pechar a casa onde vivía un que viña de morrer o venres. Coma ten por costume, a morte lle viu de sorpresa, a lo menos para él. Os obxetos todos atopábanse nun perfecto e medido desorde, as revistas, os medicamentos, a roupa, esperando a volta do seu dono.

Non lle tiña afectos particulares o difunto, pero ainda que así non fose, penso que podería volver a facer o encargo como o fixen, sen que me asaltara o máis pequeno chisco de pensamento transcendente. Era pura materia que formaba parte dun cadro, dun esceario, agora incompleto.

Feita a obriga, estiven a preguntar un pouco. Contaban que neste caso nunca foi más certo eso de que nacemos acompañados pero morir, morremos sos.

2 comentarios:

torredebabel dijo...

a miña veciña morreu fai pouco. Ao comezo a casa tiña ainda eses latexos tardíos, que non se fan á idea de que a dona vai voltar. Co paso dos días, os fillos e netos comezaron a chegar con camións e coches a levar cousas. Hoxendía a casa fica baleira, nua, e soa.

Nuca dijo...

En efecto, o tempo é implacable