domingo, 16 de septiembre de 2007
Conservapedia
As veces é sorprendente como as ideas vanse entramando entre si levándote a descrubir outras que non podías nin imaxinar. Eu gosto moito de facer este exercicio co google. Onte a descuberta deixoume sen fala.
Estaba a preparar un post sobre unhas recentes declaracións do papa Ratzinger nas que sostén o creacionismo coma verdade científica e atopei a conservapedia. A conservapedia é unha enciclopedia aberta, ó estilo da wikipedia que xurdíu como alternativa de ésta ó considerar que as entradas que contiña eran anticritiáns e antiamericanas. Una dos principáis temas que desenvolve a conservapedia é o creacionismo e o diseño intelixente (alén da homosexualidade, o comunismo ou a teoría do Big Bang.
Teño intención investigar ata onde alcanza a influencia ideolóxica deste sitio fora dos EEUU, e de ler con calma os seus contidos. Estou preocupado pois semella que as ideas do diseño intelixente están a constituir os alicerces do ensino da bioloxía nos bacharelatos de moitos lugares do mundo.
Entre tanto, non me resisto a facervos partícipes da miña sorpresa.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Xa o coñecía, creo que é unha mostra do éxito das ideas antiamericanas na wikipedia de verdade, e que sexa por moitos anos.
Eu pensei que era unha desas cousas do I+D+I de colaboración entre a universidade (dalí a pedia)e os conserveiros (dalí conserva), pero non. Aínda que por dar pistas que non quede.
Publicar un comentario