viernes, 11 de mayo de 2007

T solar en Galicia


Decátome agora que a velocidade ca que adoitaba conducir aquel AX de segunda man albiscaba, ainda que de aquela non éramos quen de imaxinalo, unha vertixinosa carreira profesional. O ronsel de éxitos empresariais que o meu amigo Juan Laso leva acadado complétase agora voltando ó seu Ourense para construir nada menos que unha planta de paneis solares fotovoltaicos que, segundo a prensa especializada, vai ser un referente a nivel mundial por empregar unha nova tecnoloxía baseada no uso do silicio amorfo, mais abundante e barato que o cristalino.

Estiven onte na presentación que fixo da empresa que dirixe, T solar, no edificio Miralles do campus vigués e, o rematar, falamos un chisco de cando éramos máis novos e do proxecto que agora lle ocupa. Confesoume que a piques estiveron de instalar a planta en Asturias, onde por mor dos fondos mineiros, hai mais axudas para empresas coma a sua e que tamén tiveran presións políticas para ubicarse en terras da meseta.

Pero finalmente grazas a un feliz entente da Xunta cas caixas de aforros este proxecto estratéxico para Galiza verá o sol -nunca mellor dito estivo- nos terreos da Tecnópole ourensá.

Non ten discusión que esta empresa que xa manifestou que a mellora da sua competitividade dependerá en gran medida do I+D+i que esperemos que faga cas nosas universidades, vainos poñer no mapa tecnolóxico nun sector, o das enerxías renovables, onde Galicia ven sendo pioneira -non sempre tan desexadamente- dende que comenzaron a instalarse os primeiros pantanos na primeira mitade do século pasado.

A de hoxe é unha boa nova para Galicia e para a ciencia e, por suposto, tamén para min.

5 comentarios:

Ana Bande dijo...

Pois benvido logo, queda vostede engadido ao blogomillo, aquí atopará vostede moi boa xente, sabia e xenerosa, verá como queda enganchado a esta rede.

Zerovacas dijo...

Benvido, pasarei por aquí con asiduidade, a ler o que contas.

Nuca dijo...

Moitas grazas a ambos. Tentarei que as vosas visitas sexan enriquecedoras

Peke dijo...

Benvido!

Anónimo dijo...

Ola,

Acabo de atoparme con este blo na procura de T-Solar. Sabes se ten paxina web, e se xa están facendo selección de personal? Moitas gracias por anticipado, e nouraboa polo blog, moi interesante nesta primeira ollada.