lunes, 14 de mayo de 2007
Gary Cobre e os recursos non renovables
Un post de Arume no que se amosa unha pérola fotográfica que ten por protagonista a Gary Cooper faime reflexionar sobre o cobre (Cu) e outros metais e recursos non renovables que xa están a escasear. O cobre coñécese dende o neolítico e, segundo a wikipedia, é tras o aceiro e o aluminio, o metal máis consumido no mundo.
Supoño que un lector avispado xa se decatou da falla de rigor na linguaxe da wikipedia, xa que o aceiro é básicamente unha mixtura -unha aleación- dun metal: o ferro, cun non metal: o carbono. Cando se trata de fabricar o aceiro inoxidable e imprescindible engadir a mixtura anterior o níquel (Ni) , e si o que se lle adciona é volframio (W) -metal que fixo moitos ricos por estas terras en tempos da pasada guerra mundial- obtense o aceiro rápido.
Pois ben, dende que as economías da India e a China están a medrar a taxas de dous díxitos anuais o precio do Ni disparouse reflectindo non só unha maior demanda sinon tamén a sua escaseza. Os imaxinades un mundo sen aceiro inoxidable? Lamentablemente a procura de novos xacimentos mineiros deste metal está a provocar auténticas catástrofes medioambientáis e humanas en países do terceiro mundo.
A cuestión é pois, tal e como plantexaba Asimov de canto tempo dispoñenos como civilización tecnolóxica ata chegar o colapso ben sexa por falta de recursos non renovables ou por falta de governabilidade alí donde a xente está a ser explotada dun xeito insostible.
Pero non se equivoque o lector que non é este un post apocalíptico ó gusto dos documentais -cheos de razón- de Gore (Al, quero dicir). De ser algo é mais ben un post cínico pois mentras todo isto está a acontecer o certo é que, tal e como indica Arume os gabinetes de comunicación teñen ocupada a nosa atención en problemas moito máis próximos e comprensibles por nos que, indefectiblemente imos esquecer dentro de catro anos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario