jueves, 31 de mayo de 2007

Desenvolvemento e Golf


Sempre chamoume a atención ese deporte do paliño, e non o digo con admiración senon todolo contrario. Quero dicir que non acabo de ver a gracia de tal "deporte". Pero claro, teño que recoñecer que pode ser froito do meu descoñecemento a un mundo que me é totalmente alleo.

Pola contra, parece que a miña opinión non é compartida polos moitos golfistas -que non golfos- que enchen os 304 campos que existen na actualidade en España. Máis este dado non é o relevante. O verdadeiramente importante é a evolución do número de campos de golf nos últimos anos, e especialmente a súa concentración no sul da península alí onde máis déficit de auga existe. O medre expoñencial non parece que vaia ter fin nos próximos anos

A cuestión ainda complícase ainda máis se se ten en conta que dende hai tempo a moda consiste en asociar a cada campo unha urbanización de casiñas co seu pequeno xardín.

Seica ando trabucado e como din por Murcia é certo que é un motor de riqueza e desenvolvemento turístico.

Coma os que andan a urbanizar o litoral se enteren que por eiquí chove mais...

[O gráfico foi elaborado cos dados da propia Real federación de Golf de España]

5 comentarios:

ghanito dijo...

O golf é un xogo moi peculiar e que se pode convertir en adictivo. Os campos están no sur porque alí pódese xogar mais días ó ano, o que os fai económicamente mais rendibles (se non se lles cobra o auga a un prezo maior, claro)
O turismo de golf é un fenómeno que está a medrar en España e que move moitísimos cartos en todo o mundo. Pensa que cada campo é distinto e xogar sempre no mesmo non é tan divertido. Pasa o mesmo na escalada en rocha, só que a escalada é un deporte que non move tantos cartos.
En Escocia, onde chove ainda mais que aquí os campos só requiren coidados e compréndese que sexa un deporte popular. Aquí ecolóxicamente é de difícil xustificación.
[Desculpa a extensión ;-)]

occam dijo...

penso que a razón non é que no sul teñan mais días para xogar, senon que está asociado o desenvolvemento inmobiliario. O mesmo pasou en Irlanda cunha promoción-clube na que mercou casa Clinton. Por iso se moven moitos cartos, non porque sexa un deporte popular coma o futbol (aquí os cartos se moven por publicidade).

A cuestión é pois que o golf vai asociado a un modelo de desenvolvemento territorial, ecolóxicamente insostible, inxusto socialmente pero moi rendible en termos económicos

Anónimo dijo...

I found this site using [url=http://google.com]google.com[/url] And i want to thank you for your work. You have done really very good site. Great work, great site! Thank you!

Sorry for offtopic

Anónimo dijo...

Who knows where to download XRumer 5.0 Palladium?
Help, please. All recommend this program to effectively advertise on the Internet, this is the best program!

Anónimo dijo...

Helo ! Forex - Работа на дому чашкой чая быть успешным, свободные деньги, пройти регистрацию forex [url=http://foxfox.ifxworld.com/]forex[/url]