martes, 15 de mayo de 2007

biodiesel eiquí, fame alá


Hai xa un tempo que neste país se está a falar, e polo número e presenza das novas nos xornais, semella que moito, de proxectos empresariais vencellados a enerxía, con especial fincapé nas renovables. Que si a eólica, que si a solar, que si todalas bios (biomasa, bioetanol e biodisel). O sector bule de actividade, e en Galicia parece que está a coallar consistentemente. Proba delo e que xa somos quen de organizar ferias -nada menos que internacionáis- coma a enernova que vaise celebrar dentro duns días en Vigo.

En termos xerais a min todo isto persoalmente dame moita satisfacción, máis ainda cando en algúns casos sobranceiros trátase de capital ou iniciativa propia de eiquí, cunha clara intención de artellar proxectos industriais nesta terra e non de ser meros investimentos oportunistas.

Hoxe coñecin un destes empresarios do biodiesel, un enxeñeiro novo cun proxecto ben concebido. Como pechamos axiña os negocios tivemos tempo abondo para falar de vagar e sin orde concreto, nun ton certamente cordial, dunha morea de temas relacionados co biodiesel. Nun momento eu rachei a armonía da conversa e espeteille, con certa ironía para non amola-lo innecesariamente, si non pensaba que co seu próspero negocio podía estar a contribuir a fame no mundo.

Fidel na súa estética exaxerada o dixo hai poucas semanas, pero ó nada sospeitoso Council on Foreign Relations a traverso da súa revista Foreign affaires o confirma: Botar man dos biocombustibles profundizará a fame no mundo. Encher un depósito dun utilitario (95 litros) con etanol puro precisa de mais de 200 quilos de millo, un volume de cereal que pode pode aportar as calorías para alimentar a unha persoa durante un mes.

A min todo isto non me deixa nada, pero que nada, tranquilo

6 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

http://www.laregion.net/content/view/35129/30/

besbellinha dijo...

hoxe pasamos camiño de coristanco ou santa comba, xa non sei ben, e nunha gasolinera anunciaban o biodiesel e sorprendinme por ser para min algo descoñecido. Cando lin o último parágrafo tiven un arrepío no corpo pero despois de ver a ligazón de arume dos piñeiros e o comentario á nova xa entendín todo un pouco mellor.

Mentres non pase o mesmo que cos tomates (subas de prezo a causa da cadea que hai no medio dende que sae da horta ata que chega a nós) todo está ben, e aquí en Galicia ben podía ser unha alternativa aos campos ermos que están quedando sen traballar...supoño que o xirasol non é dañino coma no seu día foron, e aínda son, os eucaliptos para a terra, non?

occam dijo...

Efectivamente, o agro eiquí ten problemas estruturais moi graves e complexos. Un deles é o abandono de actividades e cultivos que tiñan alen do valor proprio, unha grande importancia na ordeación do territorio. Unha nefasta consecuencia delo foi, en certa medida, a vaga de lumes do verán pasado, xa que nunca houbera una superficie forestal tan grande (por deixaren outros usos) e tan pouco cuidada.
A maldade dos eucalitos requerirá un post específico para desterrar algúns mitos ó respecto.
Eu penso que en Galicia a alternativa é a biomasa.

besbellinha dijo...

e serás capaz de que vexamos os eucaliptos con bos ollos?

occam dijo...

Eucaliptos, ocalitos, orcalitos,ucalitos. Tentaremos de velos con ollos diferentes

besbellinha dijo...

quedáronche os alcolitos