miércoles, 16 de mayo de 2007

Canto custa un universitario?


Veño de escoitar falar hai unhas horas a Ramón Leis, D.X. de Universidades. Na sua intervención fixo duas aportacións certamentamente interesantes: un dado e un desexo. O dado é que un estudiante universitario custa a Xunta de media 6000 euros ó ano, o que supón -o meu entender- un esforzo de investimento fabuloso para un país do noso tamaño. O desexo é que os titulados de hoxe contribúan, ali onde o azar os leve, a construcción deste país, devolvendo dalgún xeito o investimento que neles fixero os contribuintes.

Únome a este desexo. Esta xeración de hoxendía ten a obriga histórica, a formación e a capacidade suficiente para ser que ser a que saque ó país do tradicional e acomodaticio lugar de (sub)- desenvolvemento no que agora nos atopamos. Cada un dende o lugar e o posto que lle corresponda.

Os nosos nenos hoxe teñen que ter equí as oportunidades que non tivemos a nosa e anteriores xeneracións.

Que así sexa

No hay comentarios: