sábado, 12 de mayo de 2007
O Xiróscopo e o campionato do mundo de bicicleta de montaña
Hoxe fumos, a miña filla e mais eu a ver un cacho do campionato do mundo de bicicleta de montaña que se está a celebrar, non sin forte polémica por mor do uso do monte, en Fragoselo, parroquia de Coruxo, eiquí en Vigo. Os ciclitas baixaban dando chimpos dunha forma que arrepiaba velos, e ainda que algún caía a meirande parte deles chegaban a meta acariñados polos ánimos do público.
Na foto podedes ver o derradeiro chimpo xusto antes de atravesar a pancarta final.
Ei de decir que boa parte do éxito destes rapaces débese o efecto xiroscópico que descubriu en 1852 Foucault, o do péndulo (por certo que o último instalado en Galicia atópase na Facultade de Ciencias de Ourense e foi construido polo profesor Cabrerizo físico e inventor da Universidade de Granada).
Supoño que tal efecto sería o responsable tamén do prodixio que lle acontecía o protagonista dunha historia que me contou o meu amigo F.S. hai tempo e que trataba dun home que coñecera na sua infancia alá en Vilanova. Ó parecer tiña aquel home tal querencia polos bares e polo viño que neles servíase que case que todolos días saía deles bébedo, pero nun estado tal que non se tiña de pe e caía ó chan nada mais sair a beirarúa. Os amigos que sabían da sua falta de equilibrio nestas circunstancias, montábanlo axiña na bicicleta da que, milagrosamente, non caía, de tal sorte que so así conseguía chegar todolos día a sua casa.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario