miércoles, 23 de mayo de 2007

Asasinos


Lombroso foi un médico italiano que desenvolveu no século XIX unha delirante teoría -baseada en prexuicios carentes de calquer rigor metodolóxico e científico- na que se sostiña que o comportamento criminal tiña un fundamento xenético asociado a certos rasgos fenotípicos. Simplificando: si eras feo e pobre era moi probable que foras culpable. O problema é que estas ideas serviron de proba de cargo en moitas ocasións.

Nun estudio de hai uns anos se chegou a conclusión que existían un grupo de homicidas que non podían ser clasificados como sicóticos, paranoicos o sicóptas. Tratábase de persoas normais.

Pregúntome se chegaremos a explicar o proceso mental que leva a unha persoa absolutamente normal a matar a súa parella despois de decenas de anos de convivencia, de ter pasado e superado xuntos afogos, angustias, desvelos. Por qué, sen ter precedentes de violencia, o fan xusto cando xa se albisca o final desa súa congostra vital?

Dalgún xeito sería reconfortante para un cerebro racional que poidésemos atopar explicacións sinxelas coma as de Lombroso para tal irracionalidade.

4 comentarios:

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

A quen votaría dos catro para alcalde?

R.R. dijo...

Eu a calquera deles...

Anónimo dijo...

Ser somos todos moi listos, máis que o médico este italiano, pero eu digo: o fenotipo (por dicilo dalgún xeito) de Julián Muñoz non é suficiente proba para detelo?

Nuca dijo...

efectivamente H61, eu sospeitei pola altura dos pantalóns...so que non me atrevía a dicilo