lunes, 21 de mayo de 2007

As Cardenhas da Peneda e a realidade nacional


Os enxeñeiros e arquitectectos coinciden en sinalar como un auténfico fito histórico o descubrimento do arco e, posteriormente, da cúpula. En ambolos dous casos a base estutural é a existencia dunha pedra chave sobre a que descansan as cárregas lateráis.

Esa larga ponte aproveitei para pasear pola Serra da Peneda, un dos mais sobranceiros Parques Nacionais do noso veciño Portugal que se atopa a un tiro de pedra (nunca millor dito) de Vigo. ainda que xa visitara o parque noutras ocasións, descubrin nesta as Cardenhas. Trátase dunha construcción moi primitiva que empregaban nas Brandas (pobos habitados de primaveira a outono) os pastores do lugar para alí levar o gando. As Cardeñas están feitas todas en pedra con planta cadrada cunha parte inferior destinada o gando e unha superior con entrada independente ós pastores. Pero o máis destacado delas é o teito que constitue una seudo cúpula circular feita tamén en pedra que non ten chave.

Na foto pódese ver unha delas que atopei nun dos escasos enderezos que existen na web onde se dí que son "anteriores a nossa nacionalidade". Chamoume a atención porque esta misma afirmación oubinna dos beizos de José o dono do acampamento e outros establecementos hosteleiros de Lamas de Mouro que pasa por ser un dos mellores coñecedores e promotores da comarca.

Lembroume todo elo a polémica que xurdiu hai un tempo ca publicación da proposta de estatuto do BNG na que, no seu preámbulo se dicía que "A chegada dos suevos consolidou o
marco político dun Reino de Galiza que, mediado o século VI, xa se aprezaba
constituído. Nos séculos XII e XIII os avatares políticos dividiron este espazo
galaico xurdindo Portugal".

Recordo tamén que un vello amigo, quero dicir xa xubiliado, falando disto recitoume uns ripios que empregaban eles cando rapaces para memorizar a lección:

Suevos, vándalos y alanos
como milanos rapaces,

se repartieron audaces

todo nuestro territorio.

Los vándalos, la oriental,

los alanos la occidental,

y a nosotros, menos mal,
que nos tocaron los suevos.

4 comentarios:

besbe dijo...

boa maneira de lembrarse da lección e parece que o menos mal estaba algo xustificado.

R.R. dijo...

xD, boísimo o ripio.

Pois eu andiven pola Peneda e non vin as cardenhas, mágoa, nin coñecía a súa existencia.
O que si vin foi a desfeita perpetrada co embalse de Lindoso, que ten a peculiaridade de proporcionar enerxía eléctrica para Portugal cando toda a superficie asolagada está en Ourense, incluídas, ás veces, as termas de Aquis Querquennis. Polas internetes andaban hai anos algunhas fotos do que agora está baixo a auga.(A de pasta que correría río abaixo e río arriba).

Nuca dijo...

Hai moitos anos eu coñecin o acampamento romano que citas, era francamente interesante. Por completar a información do encoro ata fai pouco tempo era o mais grande de Portugal en auga embalsada (curiosa clasificación por estar fora do seu territorio)

Anónimo dijo...

É unha cousa total ver como os nacionalismos se afogan na historia tratando de xustificarse. Encántame (descoñecíao) saber que a mediados do século VI "xa se aprezaba" o marco político galego: estes suevos eran uns linces, mágoa que Portugal escapara dos seus plans. Por certo, supoño que estes suevos serían do BNG, non si?