
Onte o ceo no Peru se abriu para deixar paso a un meteorito que deixou un considerable burato duns 30 metros. Na
Voz aparece, xunto ca foto do crater, o relato do medo que ten a xente a contaminación que se poidese producir.
O medo é irracional, e por iso incontrolable e soe ser consecuencia da ignorancia e o descoñecemento. A min danme medo as alturas, quero dicir, por exemplo, andar pendurado dun guindastre ou no borde dun tellado porque non estou afeito a tales malabarismos e ignoro cal é a resistencia do guindastre ou si as tellas esbaran moito. Chamorro, o meu constructor é un auténtico trapecista e da chimpos dun andamio o outro sen a maior dificultade. Coñece e xestiona o risco.
Cada vez son máis e máis sólidas as evidencias, especialmente do rexistro fósil, de que foi un meteorito que batiu no que agora é o golfo de México, a causa da misteriosa desaparición dos dinosaurios. A pesar delo, un grupo de creacionistas anda a dicir pola rede que home e dinosaurios conviviron harmónicamente na Terra.
Dame medo a osadía desta xente, porque ignoros seus límites.
A foto é da pata do dinosaurio de Riodeva (Teruel) que se atopa no parque de Dinópolis. Eu fun este verán e é altamente recomentable non só para os picariños