domingo, 2 de marzo de 2008

O BNG, a I+D+i e o matrimonio gay


Quedábame pendente do post anterior facer un pequeno comentario da política de I+D+i do BNG. O Bloque sí que a ten e é a que está a desenvolver en Galicia a Consellería de industria co plan INCITE. Incite é un plan coidadosamente elaborado a partires dunha análise realista da situación galega e co obxetivo de acadar un salto cualitativo to sistema de ciencia-tecnoloxía-empresa no país. Son salientables algunhas actuacións coma o acadamento dun importante anaco dos recursos do Fondo Tecnolóxico (máis de 400 millón de euros só para Galicia) e o plan de recursos humans.

Lóxicamente, o non teren opcións de governo, o programa do Bloque que presentan nestas elección é máis cativo e básicamente seguidista do plan do MEC.

Pero como a campaña está a ser un verdadeiro coñazo, cambio de tema e adxunto unha foto que tirei esta semán no parque de San Lázaro de Ourense. Pódese apreciar que o matrimonio homosexual xa é un elemento de márketing maila que lle pese o PP. Nesta tenda de noivos os donos tentan de atraer os clientes cunha imaxe moi sensual de dúas lesbianas que se imaxina un celebrando a lúa de mel.

Pero tamén pode que non sexa tan casual que esta campaña publicitaria se celebre en Ourense, xa que en esta cidade a base social parece máis tolerante con este tema e mesmo as forzas máis homófobas non parecen estar no PP se se xulga o pasado naquel concello e a composición das listas electorais nestas eleccións

4 comentarios:

câosemdono dijo...

Pregúntome ás veces qué pasaría realmente se ó Bloque chegase a ter verdadeiros cadros de mando. Soñar segue a ser gratis?

O Raposo dijo...

Habería que preguntarlle o Baltar que opina de todo eso, que en Ourense el é o gurú do PP.

arume dos piñeiros dijo...

Occam for Conselleiro.

Ana Bande dijo...

¿Conselleiro? Por favor, Occama FOR PRESIDENT