lunes, 25 de febrero de 2008

O debate e a I+D


Acaba de rematar o Debate. Sorprendéume que por primeira vez os dous partidos pactaron un bloque (o derradeiro) para falar, en outros temas, de política científica. Zapatero presentou os logros acadados en estos catro anos que resultaban máis indiscubles cando os comparaba co feito -nada- durante o governo de Aznar. Rajoy non dixo nin res. Sencillamente non falou de política científica.

A cuestión é por que non Rajoy non fixo nin críticas nin propostas neste tema. É que o PP non ten política científica? A resposta é NON. Se alguén ten a paciencia de vistar a web do PP non vai atopar nada neste ámbito no programa electoral que teñen alí colgado.

O PSOE, polo contrario dispón dun amplo documento excelentemente artellado e con obxetivos ambiciosos, ainda que realistas. O máis salientable deles é a de acadar a transición tecnolóxica da sociedade española dende unha sociedade industrial laboral a outra baseada no coñecemento máis xeradora de riqueza.

Para elo hai algunhas propostas moi concretas: 2,2% del PIB en I+D no 2011 o incorporar 50.000 novas persoas o sistema de ciencia nos próximos 5 anos.

Noutro post falarei da política científica do BNG, que sí que a ten.

5 comentarios:

câosemdono dijo...

Os rajóyfilos e, por extensión, a dereita española, adoecen de moitas eivas e lagoas en materia científica, así que para comezar a palialas propoño unha serie de medidas profilácticas que poidan supoñer unha contribución súa para o futuro: por exemplo, doar o cerebro de Fede Jiménez Losantos á neuroloxía, a lingua do mesmímo Rajoy á logopedia, os cráneos de Zaplana e Acebes a algún instituto forense de medicina legal, en proba fehaciente das teorías lombrosianas do delincuente atávico... e así sucesivamente, e sen ánimo de exhaustividade.

E logho..., pensas que nonhe?

Ana Bande dijo...

Ja...ja...ja...completamente de acordo canciño, vostede sí que valía para asesor dos candidatos. Os rajóyfilos saben de I+d tanto como do famoso bonobús.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Anabande: vostede sospeita algo do amigo Occam e as altas esferas pero non o quere dicir.

r.r. dijo...

De Rajoy habería que mandar o aparato fonador completo, porque iso seu non é problema só de lingua longa ou gorda, can.

Tocante ó dos programas políticos arredor do asunto, señor Occam, esperamos esa próxima entrega. Que eu a estes... Non digo nada.

O Raposo dijo...

Ah, pero o PP ten algún tipo de programa? Coido que non. O único que teñen en mente é mentir, protestar, insultar, falar de escuras conspiracións e utilizar o terrorismo como arma eleitoral.
O que non me explico é como seguen tendo todavía ese alto porcentaxe de votantes. Que país!