jueves, 20 de marzo de 2008

Entradas


Cando neno o difícil era sair das cidades que atravesábamos camiño do destino nas vacacións. Era difícil porque a nacional pasaba mesmo polo medio da vila e alí sempre había atasco.

Hoxendía o difícil e entrar nas vilas. Protexidas por unha coraza de cinturóns, circunvalacións, circunvolucións e mesmo circuncisións é prácticamente imposible chegar dunha atacada o centro da cidade. Hoxe pasamos por diante de dúas importantes: Amberes e Breda, pera xa nin tentamos entrar por mor do tempo que deberíamos empregar.

Os polígonos industriais protexen eficazmente os centros históricos e un sempre ten a sensación de que colleu xusto a saida da autoestrada anterior ou posterior a correta. Como non te podes parar a preguntar tes que dispor de Tom-tom ou estás perdido.

Hoxe Breda, por exemplo, está tan aillada para o turista como cando se rendíu o asedio de Spinola.

4 comentarios:

Ana Bande dijo...

Así me gusta Occam, de vacacións e posteando, é vostede un exemplo a seguir e os que quedamos na casa (que somos uns 30 millóns máis ou menos e españois malia o que digan na tivi) agradecémosllo.
Si, as circunvalacións terán cousas moi boas pero remataron coa insustituible ledicia e costume de tomar o bocata de xamón na Cañiza ou Soutelo ou parar para ver xogar ao bacarrá en Benavente. Páseo ben e afrouxe o cinto.

occam dijo...

Ana, co frío que vai por estas terras do norte chegamos cedo a casa e da para escribir un cacho

Manel Vázquez dijo...

certo, viaxar na autopista é coma sentarse no sofá do salón a ver a tele.

apicultor dijo...

A frase coa que remata o comentario é redonda, de auténtico experto na arte de narrar. Se segue así vai acadar a excelencia blogueira. Non está nada mal para ser un de ciencias.