viernes, 14 de marzo de 2008

Eleccións, celíacos e vacacións



Estiven ensarillado entre o traballo que tiña acumulado, a resaca electoral e os preparativos das merecidísimas vacacións. Do primeiro xa nin falar porque medra como cogumelos en outono e non me dou posto ao día. De feito xa renuncio a esa satisfacción de recrearme na perfección dos pequenos detalles cando xa ves o groso do traballo rematado. Agora a prioridade é facer que baixe a pila de papéis de enriba da mesa.

Do segundo estoume rindo como espectador do cristo que teñen montado co pobre Mariano. Ben se ve que, en política, gastan perdigón lobero e a comprensión (ou compasión) non son costumes as que estean afeitos os protagonistas.

Ao cabo, os preparativos das vacacións convertiuse nun auténtico traballo. Chegar a un consenso ca familia sobre o destino non é doado, pero unha vez postos de acordo, atopar unha boa oferta de avión, hotel é tarefa case imposible. Este ano finalmente marchamos a Holanda.

Pero dicía que quería falar dos celíacos. Estes días de todalas noticias que lin a que máis me impresionou foi o anuncio do Papa que ven de negar a posibilidade de que este colectivo poda comulgar con ostias feitas con fariña de millo. Nun alarde de coñecemento de tecnoloxía da panificación sagrada afirmou que o non teren gluten non son apropiadas para a consagración.

Non deu moitas explicacións pero supoño que ha de ser que os dominios ricos en histidina da fracción de glutelinas das proteínas do trigo ten afinidade especícica pola rexión máis hidrofóbica de dios que é a situada no trianguliño que ten enriba da testa

8 comentarios:

câosemdono dijo...

Será que para o Vaticano non é o mesmo ser celíaco que ser cielíaco.

occam dijo...

moi bo canciño, moi bo

Carlos Sousa dijo...

Moy bo post, púxeno como compartido no Google Reader.

Tamén che informo que puxemos este blog na lista de enlaces da nosa bitácora. O blog é moi reciente e ainda está un pouco verde, pero xa madurará. Calquera axuda para mellora-las nosas visitas será benvida (Poñer un enlace no teu BlogRoll, por exenplo, jejeje).

Aproveitamos este comentario para enviarche un saudo.

Carlos Sousa dijo...

olvidávaseme:

A nosa dirección e: http://areasfs.blogspot.com e o noso Emilio: areasfs@gmail.com

r.r. dijo...

A verdade é que o Bieito controla a dios (metafóricamente).

¿Así que a Holanda? ¿A fumar porros e foder polos parques?
Ai mimá...

Servidores dijo...

Hello. This post is likeable, and your blog is very interesting, congratulations :-). I will add in my blogroll =). If possible gives a last there on my blog, it is about the Servidor, I hope you enjoy. The address is http://servidor-brasil.blogspot.com. A hug.

Manel Vázquez dijo...

esa é a imaxe renovada da igrexa. por unha banda a da foto, por outro dietética e gastronomicismo. noraboa, moi ben artellado

occam dijo...

Moitas grazas pola visita Manel