domingo, 4 de noviembre de 2007



A min o cine góstame moito. Supoño que debe ser resultado dunha aprendizaxe infantil xa que daquela miña nai traballaba de taquilleira no cine Ronsel en Vigo e eu pasaba unha boa parte do meu tempo de lecer entre a sala de máquinas, a de proxección, o ambigú e os "hall" enchidos de cadros das pelis. Só de cando en vez pódense ver filmes que non sexan de ficción, ben por escaseza dunha boa oferta, ben por falta de salas de proxección. Agora é unha desas oportunidades. Non podedes perdervos Tierra un documental da BBC realmente impresionante

O curioso do caso é que a peli está patrocinada, entre outros, por Iberdrola e Ford!!!

3 comentarios:

Lula Fortune dijo...

O seu é como o neno de Cinema Paradiso ¿non? Qué gran sorte ter crecido entre pinículas!! Un bico jolibudiense.

occam dijo...

pois, en efecto, cado vin cinema Paradiso era, nalgunhas esceas, como botar unha ollada a minha infancia

Ana Bande dijo...

Ogallá se puidese elixir a infancia...eu elixiría tamén ter unha nai taquilleira e facer os deberes nunha cabina de proxección. Tería que escribir un relato sobre eses anos, buaaa, que sorte a súa!