1. A familia, nomeadamente a miña filla. Debe ser cousa do "xene egoista" que dicía Dawkins.
2. O hedonismo en todalas súas vertentes. En particular no sexo, máis tamén no teatro, na música, na literatura, no lecer, nos xogos, na troula...
3. A amizade. A conversa de vagar, a confidencia cómplice.
4. A natureza. En todolos seus sentidos e con todolos meus sentidos: contemplación, disfrute. Subir unha montaña, navegar co son do vento que esvara polo pano das velas, durmir co ronsel das estrelas.
5. O coñecemento. Esa inquietude por aprender algo todolos días, sentirse marabillado por esa descuberta inesperada. Aprenderlle a alguén eso que non imaxinaba.
6. Eu. Ver como cambio. Ser testemuña do meu propio progreso. Tentar de darlle un rumbo axeitado a miña vida. Ser recoñecido
7. A xustiza. Son especialmente sensible as inxustizas, sexan do tipo que sexan. E cada vez o son mais. As veces algúns feitos fánseme especialmente insopotables e sofro por elo. Resúltame reconfortante cando vexo que se fai xustiza
8. E por último O Futuro, estou certo que o máis máis importante da miña vida está ainda por vir.Quen isto lea que siga a bola. Eu cumplín
Arumes,
Raiña
3 comentarios:
É vostede un espíritu sensible e intrépido. Non o dubidaba.Gustóume o seu Meme. Bicos memos.
a familia e a amizade veñen soando con forza neste meme porque, dende logo, somos de onde vimos e somos con quen estamos. Sensible, coma dixo Lula fortune.
Pois eu o imaxino a vostede agora mesmo coma un Ulises, que escoita gozoso o que lle din as sereas
Publicar un comentario