sábado, 10 de noviembre de 2007

O Principio de Peter


Un bo, boísimo amigo desafogouse o outro día conmigo. Sostiña que está farto de perder o tempo en comisións estériles. Di que hai catro estados da materia: sólido, líquido, gaseoso e reunido nunha comisión, e que él está continuamente no último deses estados.

….

Laurence Peter foi un pedagogo que no erótico ano do 69 publicou o seu libro The Peter Principle. Nel desenvolvía un feito reiteradamente observado: os postos de alta dirección son máis frecuentemente ocupados por incompetentes que os postos base.

Peter formulou o seu principio do seguinte modo: Nunca jerarquía, todo empregado tende a ascender ata o seu nivel de incompetencia. O mecanismo desta afirmación ten unha lóxica abraiante: Nas organización moi xerarquizadas existe unha carreira profesional na que os raballadores van ascendendo en función dos seus méritos. Se alguén destaca no seu posto será promocionado polo servicio de recursos humáns a un posto superior dende onde, se o segue a facer ben, ascenderá o seguinte nivel, e así sucesivamente ata que chegue a un posto para o que non está capacitado, e nese fracasará.

Alguén estará pensando que cando eso sucede o natural sería degradalo ata o nivel inmediatamente anterior onde desenpeñaba axeitadamente a súa función. Pero iso ráramente sucede xa que ninguén quere asumir a responsabilidade de haber promocionado a un incompetente.

O principio de Peter ten unha implicación pavorosa: canto máis alto sexa o nivel de incompetencia que alcance unha persoa máis graves serán as consecuencias das súas decisións erradas.

Dacordo co exposto, canto máis horizontal sexa unha organización, esto é, canto máis distribuido estea o poder e a toma de decisións máis fácil será obviar os funestos efeitos deste Principio. A cuestión, en consecuencia, é determinar se nas organizacións nas que participamos o poder está axeitadamente espallado.

A toma colexiada de decisións –por exemplo en comisións- constitúe un dos mellores procedementos para garantir o correcta control do poder, maila que lle pese o meu amigo.

3 comentarios:

Ana Bande dijo...

Créame, levaba moito tempo intentando comprender este problema da incompetencia dos que mandan. A súa explicación merece unha patente. Eu tamén teño moitos amigos que andan desacougados con este problema e máis ou menos todos acaban pensando igual que vostede, "hai unha relación inversamente proporcional entre a capacidade persoal e o posto que se ocupa". É moi preocupante este abominable desexo de corromperse pronto. A moitos chégalles con ser presidentes dunha comunidade de veciños, así que como para fiarse dun concelleiro.

Anónimo dijo...

A esa explicación de como se ascende a un posto de incompetencia mediante a demostración da capacidade nos postos inmediatamente anteriores, habería que sumar outra que seguro que coñecerá.
Como vostede ten que saber, o funcionamento dunha organización, inda que poda parecer mentira, non depende dos postos máis altos (precisamente entretidos en comisións), senón dos postos medios-baixos e baixos, que é onde todo se move, todo se coce e onde realmente se produce. É aí onde un incompetente (polo xeral tamén un cabrón espabilao) máis dano fai. É por iso que ascenden os incompetentes: porque nos postos máis altos (e por tanto máis afastados da cadea de produción) e metidos nun despacho molón con boas vistas, molestan menos.

Anónimo dijo...

Qué buen post.
Y qué bien resuelve el porqué de tantas sorpresas que nos llevamos cuando sabemos quién ocupa determinados cargos.
Hubo un tiempo en que yo también pasé por el estado reunido y puedo asegurar que se necesita una sólida paciencia, mucho líquido espiritoso o una gran imaginación gaseosa para soportarlo.
Un cordial saludo.