jueves, 22 de noviembre de 2007

"Love is in the air" (para Arumes)



Hoxe tiñabamos que limpar o cartucho de ultrafiltración. Cando cheguei o laboratorio Sabela e Lidia estaban a rifar:

-pois dígoche que isto ainda cheira a salgado
-pois eu limpieinas ben.

Tiven que terciar: -nenas o sal non ule, pero verdadeiramente isto arrecende ou peixe ou a chirla de algunha-. Riron

Evolutivamente o olfato pasa por ser un sentido primitivo. As neuronas olfativas teñen extranas propiedades: son quen de reproducirse, son as únicas expostas o mundo exterior de xeito directo, están nun entorno -o nariz- hostil e ateigado de bacterias sen infectarse. O fino olfato dos mamíferos débese a unha familia de máis de mil xenes un para cadanseu receptor olfativo distinto, especializado en detectar unha u outra molécula do entorno. O parecer os humanos na nosa evolución tivemos que inactivar máis da mitade destes xene para ter "sitio" para o sentido da vista e poder ver cores.

Con todo segue a ser un sentido extremadamente sensible. Co olfato detectamos no ar as feromonas -mensaxeiros químicos da conducta sexual- en cantidades de décimas de miligramo por tonelada. Os mamíferos empregamos os ouriños para enviar ao ambiente estas molélulas que xogan un importante papel na organización das sociedades animales, incluida a humana.

Noutra volta tentarei de desenvolver con exemplos este papel social do nariz e as feromonas. Hoxe quero chamar a atención sobre unha observación que fixo Arumes recentemente nun post: Trátase dunhas esencias con olor a vaxina de muller. A empresa que as vende sostén que con elas o placer está garantido. Polo exposto con anterioridade eu, ainda que non as experimentei, acredito a veracidade desta publicidade.


Parece ser que hoxe máis ca nunca como dicía Paul Young, O Amor está no Ar.


O que sí é certo é que, ó cabo, Sabela e Lidia déronme a razón: o cartucho de ultrafiltración cheiraba a cona de muller.



15 comentarios:

Anónimo dijo...

Pero qué basto!!! Non me gustou nada esa apreciación (masculina).

Nuca dijo...

Lula, a apreciación foi compartida. A rosa ule a rosa e a outra cosa non

Anónimo dijo...

Necesito unha explicación: eu sempre entendín que as neuronas estaban no cerebro. Hainas (ou saen) fóra? Resúltame curioso e interesante.
En canto ao dos olores tamén me gustaría que me contara se as feromonas ulen, no sentido de se se aprecia como tal olor de xeito consciente.
En canto ao de basto, bueno, non sei, supoño que dependerá do contexto. Aquí resulta, ao meu entender, unha saudable saída polo políticamente incorrecto. Pero bueno, non é máis que unha opinión. A min o que me interesa é o que pregunto máis arriba. Gracias, Occam

Ana Bande dijo...

Non sei, Occam, a min persoalmente este derradeiro post seu non me gusta nada, non me gusta imaxinar que vostede ten nada que ver con ese repulsivo perfil de profesor engominado que entra no laboratorio para ilustrar a dúas "mozas" que, pobres elas, non teñen nin idea. Se o que quere vostede é provocar, deixe esta mala arte para os pseudotertulianos e ilústrenos co seu coñecemento pero non dente as alturas, porque como vostede saberá non se oe nada ben dende moi abaixo. ¡unha aperta my friend!

Nuca dijo...

Gracias Ana pola sinceridade e sinto que non gostaras do post. De todolos xeitos a descripción que fas non é o meu perfil. Son careca, non podo levar gomina. A relación ca xente do meu laboratorio é absolutamente cómplice e, ainda que inevitablemente son o xefe, as brincadeiras son en embolosdous sentidos da xerarquía e sobre todolos temas. dlH61 captou perfectamente o sentido políticamente incorrecto da brincadeira de onte e as expresiones coloquiales o respecto.

De todos modos aproveito para dicir que son partidario de chamar as cousas polo seu nome sempre que non supoña unha ofensa reprobable.Penso que dicir que un senegalés é negro é perfectamente máis admisible que empregar o eufemiso de decir que é un senegalés de cor ¿?.

Os pés ulen a queixo por mor da fermentación de certas bacterias da pel que liberan ácidos graxos de cadea curta coma o caproico, butírico... A vaxina tamén ule. Neste caso é unha mixtura entre ácido láctico das bacterias lácticas que protexen o órgano e outras oportunistas que medran a partires das secreccións cando despois dun tempo.

Empregar comparacións olfativas parece estar moi ben visto se se trata do viño. Leo: aromas florales y afrutados con toques de vainilla. O marxe da metafísica do viño, estas comparanzas son mui útiles porque nos fan unha composición de conxunto da complexidade aromática do producto. Do mesmo xeito si dicimos que un peixe cheira a podre estamos describindo perfectamente que se trata dun aroma desagradable por mor das aminas bióxenas (cadaverina, putrescina…) que se formaron na descomposición dos aminoácidos. Por iso sosteño que se pode empregar sen escándalizarse e cun leve sorriso que a vaxina ou a vulva ulen a peixe.

Outra cousa tamén interesante son os sinónimos dos órganos do corpo. Pero como me estou a extender o deixo para outra ocasión

Lula Fortune dijo...

Fale por vostede, Occam...

R.R. dijo...

Non se deixe influir moito polo políticamente correcto ou polo que é pecado. Con todo, a min o que me sona máis duro é o do "cartucho de ultrafiltración".

¡Saúde pra todos!

Anónimo dijo...

Seguramente Sabela e Lidia riron co comentario e non lle deron mais importancia da que tiña dentro dun contexto distendido e coloquial.
Daquela, lula fortune, ana bande,non dramatizemos.

Anónimo dijo...

Iso digo eu. Eu penso que entre tanto xogo floral que hai polo blogomillo adiante unha boa burrada "no limit" non lle pode facer mal a ninguén.
E para que Occam non se sinta só, quero engadir que a min as conas non me cheiran a peixe, cheiran a... cona, supoño, porque nunca ulín cousa igual fóra do contexto. Vou ter que comprar Vulva, a ver se tal.
E por certo, Occam, agardo polas súas respostas ás miñas preguntas.

Nuca dijo...

dlH61:

Non esquencera respostarlle. En efecto as neuronas hainas, ainda que nalgúns pode ser extraordinario, no cerebro. Pero tamén están distribuidas por todo o corpo en feixes delas formando os nervios.

En xeral, estas neuronas periféricas relacionadas cos sentidos teñen receptores que actúan entre elas e o mundo exterior, captando o sinal e transmitíndollo a neurona. Pense vostede, por exemplo nas papilas gustativas da língoa ou as células da retina que son que de transmitir a estimulación química do gusto ou da luz as neuronas que levan tal sinal o cerebro.

Como dicía o olfato é o sentido máis primitivo e parece que evolucionou co fin de poder adaptarse a ambentes difíciles. En xeral, as cousas que ulen mal soen ser peligrosas ou velenosas, mentras que as que ulen ben son inofensivas e gorentosas.

Obviamente un sentido tan potente tiña que ter tamén unha función sexual. E mesmo social-sexual. Pode vostede consultar o efeto Bruce para comprobar ata qué punto é importante este sentido dende o punto de vista da organización social e reproductiva nos ratos.

Ao cabo, preocúpame que, según vostede, as conas cheiren só a si mesmas. Hai tempo que penso que dende que se inventaron a máquina de cortar xamón e os desodorantes íntimos nin o xamón sabe a samón nin a c

Nuca dijo...

dlH61:

Non esquencera respostarlle. En efecto as neuronas hainas, ainda que nalgúns pode ser extraordinario, no cerebro. Pero tamén están distribuidas por todo o corpo en feixes delas formando os nervios.

En xeral, estas neuronas periféricas relacionadas cos sentidos teñen receptores que actúan entre elas e o mundo exterior, captando o sinal e transmitíndollo a neurona. Pense vostede, por exemplo nas papilas gustativas da língoa ou as células da retina que son que de transmitir a estimulación química do gusto ou da luz as neuronas que levan tal sinal o cerebro.

Como dicía o olfato é o sentido máis primitivo e parece que evolucionou co fin de poder adaptarse a ambentes difíciles. En xeral, as cousas que ulen mal soen ser peligrosas ou velenosas, mentras que as que ulen ben son inofensivas e gorentosas.

Obviamente un sentido tan potente tiña que ter tamén unha función sexual. E mesmo social-sexual. Pode vostede consultar o efeto Bruce para comprobar ata qué punto é importante este sentido dende o punto de vista da organización social e reproductiva nos ratos.

Ao cabo, preocúpame que, según vostede, as conas cheiren só a si mesmas. Hai tempo que penso que dende que se inventaron a máquina de cortar xamón e os desodorantes íntimos nin o xamón sabe a samón nin a c

Anónimo dijo...

A mín cóstame un pouco pensar que vendan ese producto en El corte inglés na sección perfumería. Cóstame moito. E non me pregunten por qué. As miñas neuronas non dan dado.

Anónimo dijo...

Home, non sei.

Comprendo perfectamente que as mulleres se sentisen un pouco ofendidas pola comparación, xa non científica, senón popular, da vaxina co peixe (que se fresco ten un olor moi forte, non digamos xa se está podre). É como se a vostede, Occan, lle dixesen que ten un membro anano ou liliputiense (non se preocupe que non lle teño información ao respecto).

Hoxe hai unha gran preocupación e atención á hixiene íntima, e coido que, en fin, o ulido vaxinal non ten por que ser inevitablemente a peixe (nin fresco nin podre). A min non adoita cheirarme dese xeito desagradable. Antes ben, o que percibo case sempre é un arrecendo a frescor salvaxe do Caribe (e digo a metáfora en serio).

En todo caso, para os gustos se fixeron as cores, pero tamén os olores e os sabores, non?

torredebabel dijo...

hai na imaxe (extendida por certo) un algo de represor, o do peixe, o do cheiro que molesta, o da hixiene, o do sexo coma algo suxo cando é o sexo das mulleres. É algo extendido, como digo. Por iso, concordo con cada unha das verbas que apuntou aqui arriba o señor apicultor: non é o cheiro senon a lectura que se fai dese cheiro. E por certo, gústanme os post que son quen de espertar polémicas!

Anónimo dijo...

Ola, Occam
Case dez días sen pasar por aquí e inda o atopo paralizado, supoño que pensando se seguir ou non. Non sexa así, coño, que non pasa nada.
En canto ao do sexo como algo suxo (sekso sukso?) eu sempre teño a man a cita magnífica de Woody Allen. Nunha entrevista preguntáronlle se o sexo lle parecía algo suxo, e el contestou: "Por suposto, pero só se se fai ben". Estou totalmente de acordo.