martes, 2 de octubre de 2007

Mulleres na docencia



Elaboro éste gráfico ca información extraida de dous informes:

1: "Estadística Básica de Personal al Servicio de las Universidades. Curso académico 2004-2005", elaborado polo Consejo de Coordinación Universitaria (CCU)

2: "Barómetro de la Internacional de la Educación sobre los Derechos Humanos y Sindicales en la Educación 2007" da Internacional de la Educación.

Penso que non paga a pena comentalo, pero non me resisto a aportar un dato máis: só un 13% dos cadeirádegos españois son mulleres

5 comentarios:

torredebabel dijo...

non é un problema español, ni galego, nin arxentino. É un problema mundial e iso é o malo. Na Arxentina máis da metade dos investigadores da categoría mais baixa son mulleres e menos do 10% dos da categoría mais alta.

Pablo.- dijo...

Moi interesante. A rixidez das estructuras mentais comeza na linguaxe, ou alomenos é alí onde ten a máis pesada áncora: é a enfermeira e o doutor. É o cadeirádego e a institutriz.

Mestra por estar ancorada no papel de nai colectiva, inda non se superan tantas oxidadas ideas, tantas palabras vellas.

Nuca dijo...

Torredebabel: ten toda a razón. De fato o informe educativo que se pode consultar na web trae datos de todolos países. Os resultados son moi parellos en determinados grupos deles

Moi afiado o comentario Balcius. Non foi casual que puxese no post cadeirádegOs en masculino. O puxen por respetar as maiorías

Anónimo dijo...

Non é por incordiar, pero podería mellorar un pouco o seu galego escrito simplemente con consultar algunhas palabras no dicionario. Escribir (entre outras) hoxe en día "cadeirádego", implicaría un suspenso como unha catedral por parte dun profesor/a de secundaria.
É moi de agradecer que alguén de "ciencias" use o galego. Por iso, dende a cordialidade, lle fago esta suxestión.
Un cordial saúdo, e parabéns por tan interesante bitácora.

Nuca dijo...

As axudas nunca incordian, enriqucen.