domingo, 10 de junio de 2007
Levitación
Por petición expresa de Chiquito de la H61
Cando neno eu levitaba, e lémbrome que o facía francamente ben. Foi unha propiedade que non sei como a collín, pero duroume pouco, só poiden levitar a gusto entre os cinco e os sete anos, e dende entón máncame esa sensación. Era fráncamente un pracer sentir o ascenso vertical, coma un Harrier, e despois voar, voar, voar, subindo e baixando, ollando a todos e a todo dende as alturas, descubrindo una nova perspectiva e tamén -con gran sorpresa porque pola miña estatura non o advertira cando estaba con pes no chan- que máis de un era careca. O único que lamentaba era que eu so controlaba o vo a vontade, pero non cando iste íase producir. Así, moitas veces que quería dar un rule polo aire non era quen de consegir nin despegar un chisco os tacóns da terra. Outras, pola contra mentras andaba distraido pola rua sentía como a ingravidez se apoderaba do meu corpo e comenzaba a flotar lixeiro coma un globo. Xúrovos que todo o relato e certo o cento por cen.
Hoxendía hai un mago, un tal Criss Angel, que ten no youtube unha manchea de videos onde levita. En alguno deles mesmo descubre un sinxelo truco de como facelo. Pero ainda así, a xente segue a creer que ten poderes increibles.
A combinación da maixia, os magos carismáticos e a credulidade da xente segue a ser letal para a racionalidade e sensibilización social da ciencia. Martin Gardner, un divulgador científico de primeiro nivel, escéptico e mago (ainda que muito menos coñecido polo gran público que o anterior xa que nin sae no youtube) empregou os seus coñecementos para desenmascarar moitos dos trucos da pseudociencia. Algún día falarei dalgún pasaxe da sua biografía.
Entre tanto eu sigo ca morriña de non volver a ter aquelas alucinacións sen necesidade inxerir ninguha sustancia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Gracias, Sr. Occam.
Eu tamén teño levitado, pero só parcialmente (quero dicir por partes) e tamén vou perdendo as capacidade.
En canto aos magos eu sempre os vin como un entretemento sen máis, e admiro a súa capacidade e esforzos para enganar aos nosos sentidos.
Outra cousa é que o mago en cuestión quera facernos crer que non hai truco no que fai (Uri Geller?) e moito peor que ademais se ría dos inxenuos.
O que é abraiante é como a xente lle fascina máis iso de poder voar que outros trucos máis vistosos. Case ninguén querería botar lume pola boca, pero todo o mundo daría algo por poder voar.
:-O
(Iso de levitar por partes mola, mestre dlH61)
Eu veño agora mesmo dunha levitación parcial e posterior deslevitación tamén parcial. Estou como dios, perdoando.
Señores, por favor!!! Véxome na obriga de advertirlles que a levitación parcial ten moito risco se logo non se da deslevitado axeitadamente. Din que a dor é de dun par collóns
Publicar un comentario