martes, 5 de junio de 2007

Si lo haces, malo, y si no, peor



Non adoito a ver moito a tele, menos as series e case nuca as americanas. Abúrrenme. Pero House é diferente. Representa un persoaxe que me engaiola pola mixtura expléndida de escepticismo e cinismo do seu perfil sicolóxico.

Un dos capítulos de hoxe -o que da título ó post- que presenta a dialéctica entre ciencia e relixión é realmente memorable.

Pd. Díxome unha nativa américana que a serie en versión orixinal é ainda millor porque o protagonista ten un acento británico que reforza a sua idiosincrasia

8 comentarios:

De la Highway 61 dijo...

A min gústanme as series, sobre todo as americanas, pero dificilmente paso da primeira tempada. Unha vez vistos os primeiros capítulos, pasado o impacto e a novidade, cánsome. Excepción case mítica: Urxencias (para cando a agardada versión Turxencias?).
House é das que menos me gustan e se a vexo é pola miña rapaza. O seu carácter é insoportable (danme gañas de mazalo a hostias) e a mestura entre medicina e Sherlock Holmes (terá este algo que ver co mítico John?) non a aturo. Ademais sempre ten razón, coma min, e iso non me parece crible.
Sinto non coincidir con vostede desta volta, porque atopo placer en facelo.

occam dijo...

Estea certo de que disa serie "Turxencias" non ia perder un capítulo ainda que sexa americana. O do carácter do protagonista de House a min góstame porque -coma xa haberá suposto- identifícome con él ó 150%
Un pracer a súa visita

R.R. dijo...

Sobre Holmes e House escribiu a Maxestade Vermella unha curiosa reflexión no seguinte post: http://espello.blogspot.com/2007/01/elemental-querido-wilson.html#comments

Para min é tamén unha serie divertida (polo menos hai un personaxe borde que defende algún tipo de verdade, mestre delaHighway61) pero o problema é que o esquema do que ocorre repítese sempre e sen excepción, así que me ten xa un tanto aburrido. Así que adoito durmila e xa non queda case nada na tele que me manteña esperto mirando para ela.

Se é vostede, Señor da Navalla, parecido a House había de caerme ben.

Saúde (nunca mellor dito)

arume dos piñeiros dijo...

Os Soprano é a obra cumio das series americanas, unha por unha todas as tempadas e un por un todos os capítulos, sen excepción.

occam dijo...

Unha pequena confesión privada: din os que me coñecen que son unha pinga chulo e outra faltón. Xúrovos que non é certo. Non esta ben que o diga eu pero a verdade é que son puro agarimo coma un urso de peluche.

Sr. Ruibal son un alivio as suas palabras, estaba acomplexado de crer que só eu utilizaba as series para durmir no sofá. Teremos que facer un clube.

Arume: xa teño escoitado falar de serie. A ver si aforro para o canal pus e a podo ver

besbe dijo...

occam, así polo baixo...descárguea.

A Raíña Vermella dijo...

O amigo R.R. faime publicidade, polo que vexo, o cal sempre se agradece:) Ademaís vale para descubrir sitios novos e prometedores coma este. Precisamente unha das cousas que me gustan de House (e que me repatean de Anatomía de Grey) é que defende unha moral atea, ou cando menos laica, cousa que me parece moi importante na medicina. House é o anti-médico en moitos aspectos, ningún de nós querería topar con el nnha consulta pero resulta tremendamente atractivo como personaxe, que é o que se lle pide a unha serie. Eu non me identifico, pero querería ser House cando sexa maior:p

De la Highway 61 dijo...

A Raiña Vermella dá no cerne do asunto cando di que é moi atractivo como personaxe pero que a ninguén lle gustaría atopalo nunha consulta. Engado: nin nunha cafetería.
Di r. r. que se Occam é así seguro que lle gustaria. r. r.: non te gustaría, seguro. Pasaríache como coa serie: ao principio sería entretido e moi simpático, pero ao final mandaríalo a tomar polo cu e irias durmir.
Eu dinlles con algún así e non llo desexo a ninguén. De feito eu en realidade con quen me sinto máis identificado é co outro médico, o amigo empeñado en ser o amigo de House, a pesar de que este se nega e llo pon moi moi difícil. A este médico pásalle igual que a todos os que vos gusta a serie: parécevos que o tal House faise o duro e o fillo de puta, pero que en realidade non o é e que en realidade o que busca é alguén que o entenda e o salve. Pois non. O tal House é un fillo de puta e un cabrón de verdade e cando o médico este o mande ao carallo (que o mandará mentres estamos durmidos no sofá) o House o único que fará será poñer outra marca máis nas cachas do seu revolver.
Sei do que falo (e o caso de House inda é peor que os que eu coñecín: é drogadicto e ten éxito e os ollos azuis). Non vos deixedes enganar.
E Sr. Occam, vostede non é así. Seguro que non. Inda non nos insultou!