miércoles, 27 de junio de 2007

colesterol


Ando un tanto inquedo estes días pois de novo volvo a ter o colesterol alto. Terei que voltar o sacrificio da dieta desengrasada (tamén no sentido portugués da verba) ainda que, se non me engano, desta volta non vou poder zafarme da prescripción dunha pilula.

Polo de agora non me apetece andar a comer eses alimentos que veñen anunciados como posuidores de propriedades funcionais diversas, moitas delas, precisamente, contra o colesterol.

A miña negativa non é caprichosa. Responde a qué, polo de agora, as alegacións funcionais que fan as empresas dos seus productos non teñen por que estar sostidas por estudos científicos contrastables e desenvolvidos ad hoc para eses casos. Así que poden estar a vender fume.

Esta situación vai mudar pronto ca nova lexislación comunitaria, e xa se albiscan na publicidade algúns productos que refiren a tales tipos de investigacións.

Se cadra pode que os consumidores esteamos no futuro verdadeiramente protexidos contra o colesterol e contra o fraude, que tamén esto último fai muito dano ó corazón

5 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Agora vostede dá marcha atrás (con perdón) no da BBQ blogueira. Menuda excusa o do colesterol. Pode comer vostede deconstrucción de espárragos e brecol mentres os demáis papamos as frebas do porco e outras de maior calado e pracer que non imos comentar.

torredebabel dijo...

se cadra, o colesterol semexa ser unha mensaxe do corpo para que non nos deixemos enganar cos aparentes beneficios da vida moderna.

occam dijo...

interesante punto de vista, torredebabel. Non tiña pensado nelo

Lula Fortune dijo...

Vexo un pouco escéptico, Occam. Que non sexa unha escusa para non coidarse (e para non invitar a ese palacete de verán). Un bico e a baixar eses índices de colesterol.

R.R. dijo...

Saúde, camiñar moito (ou outras prácticas seudo-deportivas) e peixe azul. E relax...