skip to main |
skip to sidebar
Investimento en I+D+i
China desbancará a la UE en I+D en sólo dos años. Este titular apareceu en El País de onte. A transcendencia da noticia pasou un chisco desapercibida un tanto por que xa se sabía, outro porque China está moi lonxe e as novas que chegan de alí semellan alleas ó noso transcurso cotiá. Pero a transcendencia é fabulosa. Esta máis que demostrado que os investimentos en I+d+i son os que garanten no mundo occidental o crecemento sostible a longo plazo e os únicos que van permitir manter un nivel de prosperidade nunha Europa na que a industria deslocalizase a esgalla sen a más mínima reflexión acerca da súa responsabilidade social. O goberno actual da Xunta de Galicia ten tomado moi en serio este factor de desenvolvemento e, precisamente nestes días, estamos a ver os primeiros pasos do PLAN INCITE. Esperemos que dea os froitos que del se agardan.
4 comentarios:
Dicía un tipo que me deu clase (observe que non digo mestre nin profesor) que se todos os chiños saltaran á vez habería un terremoto que tiraría as casas todas do mundo mundial. Nunca fixen as contas, pero gustaríame saber se sería posible semellante ameaza. Supoño que se pode calcular, dando un peso medio (baixo, que son pequeniños) e unha altura determinada para o salto, o impacto e o tremor. Se pode e sabe vostede facelo, sería moi curioso, un pos que daría a volta ao mundo ou a Soria. Quen sabe, ao mellor saía no programa do Iker Jiménez (eu non o vexo nunca, que me dan medo os espectros).
Vostede ben sabe, amigo Occam, que China sempre estivo á vangarda do mundo durante 9 séculos dos últimos dez. O que pasa é que non nos enteramos, porque cremos que fica moi lonxe. E, por favor, non faga o pelota á administración: non lle vai cair máis do que ten. Hai que repartir, san caetano manda, polo menos entre dous. :)
Amigo dlH61, como vostede ben sabe os chinos están sempre a sospeitar de nos, mírannos sempre de esguello, asi que millor non darlles ideas.
Benqueridísimo Arume, xe vexo que debe andar moito millor de saude porque volve a ter fío a súa pluma (falo, con perdón, da dixital). Ben sabe vostede que eu non son avaricioso e pido e me conformo co xusto para ir tirando. Nin chisco de máis.
Onde está, amigo Occam, que non se lle ve? Non me traballa o blog.
Publicar un comentario