lunes, 18 de junio de 2007

Escudos gorilas


A República Democrática do Congo é un pais tan inmenso como a inestabilidade e guerra na que está sumido case que dende a súa independencia. De cando en vez sae nas primeiras páxinas dos medios occidentáis cando o conflicto pode ameazar o noso way of life. Hai uns meses polo explotación do coltan, un mineral do que o Congo ten o 80% das reservas mundiais e que se emprega para obter tántalo que é indispensable na industria electrónica; pero antes foi noticia sobranceira polo ébola.

Hoxe veño de coñecer que, sabedores do valor que para occidente teñen os gorilas de montaña que alí habitan (gracias o asasinato de Fossey e a sua encarnación por Sigourney Weaverno filme gorilas na néboa), os guerreiros mai mai os fixeron reféns e ameazan con matalos si o exército congolés contininúa a perseguilos.

Parece ser que non tiveron tanto éxito medático como agora cando hai uns meses utilizaron como escudos humáns ós gardabosques que finalmente asasinaron.

[nunha das fotos -adiviñade cal- podedes ver a gedeón un caudillo katangués que chegou a ter un exército de 2000 nenos soldado]

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Ten remedio África?

Nuca dijo...

boa pregunta retórica.
Entre a fame, o sida, a corrupción e a guerra pode que termine coma un gran parque temático para que os do norte fagan alí safaris

Anónimo dijo...

Non era retórica, amigo Occam. Agardo sinceramente que alguén teña unha resposta positiva.