lunes, 19 de mayo de 2008

modelización estocástica


Hai xa moito tempo que aproveito situacións cotidiás para observar as persoas.

Tento imaxinar a partires das pequenas pistas que proporciona o seu aspecto, a súa vestimenta, o que mercan no super, o que leen mentras agardan o turno, os pequenos retazos que escoito das súas conversas cómo será a súa vida.

Pregúntome se serán felices, de qué se sentirán satisfeitos, qué é o que agardan da sua vida, qué será o que lles move a continuar, e inevitablemente me vexo facendo paralelismos entre as súas existencias imaxinadas ca miña propia e real.

Máis non fago nunca comparacións materiais -iso non me interesa- senon comportamentos vitais.

Gostaría de poder saber si o que imaxino é certo.

Algúns biólogos, sociólogos e economistas fan o mesmo ca min con fins más prácticos mediante modelización estocástica

11 comentarios:

Ana Bande dijo...

So houbese que patentalo a vostede ía ser un problema o de decidir como rexistralo. Podería ser o derradeiro modelo de acelerador de partículas, un predictor multifuncional polivalente ou un tomógrafo retroactivo de ergodicidade sincrónica. Eu, de momento, non me volvo sentar ao seu carón, porsi...

câosemdono dijo...

Pregúntome se, a estas alturas da película, aínda será posible (ou axeitado) deixarnos levar polo reduccionismo e clasificar todas as nosas accións segundo a dialéctica pulsional freudiana entre o eros e o tánatos, segundo cal sobrancee nunha determinada circunstancia ou situación.

O que sí parece claro é que vostede é un cazador de pensamentos afortunados.

occam dijo...

De verdade, xúrovos que eu imaxino esas persoas en comportamentos cotiáns. Pregúntome, por exemplo, cómo farán sexo e imaxino a resposta. As veces dame auténtica pena, outras envexa.

Eu recomendo este exercicio: Imaxinar o noso interlocutor practicando sexo. Os resultados son abraiantes

nOa dijo...

eu só o fixen unha vez con coñecemento de causa. outras veces non me dou conta ata pasado un cacho de que estou analizando e comparando... e despois xa se me vai o santo ó ceo con outras cousas...

O Doutor Fu dijo...

Onte á noite asistín a un recital de poesía no que viña a estar presente a élite mancuniana deste arte. Un tras outro, os xograres que pasaron á palestra foron beliscando os distintos subxéneros do arte, dende o lírico cotián á sátira social. Logo dun intre inicial de expectación, deixei de prestar atención. Entendelo inglés é un proceso complexo para min. Preciso activar algunha sorte de engranaxe neuronal que dalgún xeito fai o meu ouvido permeable á lingua destas illas. Namentres ese estímulo, en forma de verba interesante ou voz suxerente, non chega eu dedícome a cultivalo universo interior. O caso é entre aquela escolma de personaxes variopintos, un par deles dedicábanse a cultivar un estilo que poderíamos definir como épico-pornográfico. Foi esto último o que finalmente topou coa sonda que deixara activada por se era preciso espertar e me rescatou do ensimismamento. Alí de corpo presente, pero co pensamento repartido a partes iguais entre a pornoesía desta xente e a última entrada da bitácora de Occam optei por seguílas súas indicacións e tratei de imaxinalos practicando sexo... hai cousas que é mellor non imaxinar... e se son verdade? Ocam, debería vostede advertir dos efectos secundarios de seguirlle o consello. Dar asesoramento con prospecto, mire que logo ás veces custa collelo sono.

A Raíña Vermella dijo...

Eu tamén soa afecionada a sacar impresións da xente sobre como actúal ou o aspecto que teñen. Especialmente por como visten, porque o da roupa é algo que se escolle moi conscientemente e que ten moito que ver coa imaxe que queremos dar. Un pouco mais adiante, sobre o que lles gusta ou non lles gusta. E sobre todo sobre como expresan esas filias e fobias. Nunca che pasou que atopas xente que non parece ter interés por nada, ou que fala como se os seus intereses foran os únicos lexítimos e razonables e o resto trapalladas? Igual é o meu ambente, terei que cambiar de curro...

occam dijo...

Noa, facelo conscientemente unha vez quere decir que case seguro que haberá máis no futuro.

Dr. Fu: pero por onde andas metido, home. Tivo que ser unha soirée im-presionante para que a imaxinación te arrepiara dese xeito. Por si acaso anda con ollo que a pornoesía a carga o diaño.

Raiña: Traballaremos no mesmo sitio?. No meu curre está cheo desa xente. Teremos que intercambiar experiencias

Anónimo dijo...

Non sei por qué pero dame que sodes todos moi burgueses (sen ánimo de ofender). No meu curro imos todos con funda de traballo, lupas e casco e non temos ordenador nin tempo para escribir no traballo. Vinte minutos para comer o bocadillo e beber unha cervexa (sin alcohol porque coa nova lei de prevención de riscos laborais xogaste o despedido)e con un pouco de sorte pasa unha rapaza desas que sí queren decir quen son, a través do que visten, a que poder botarlle un ollo. Logo....martelo, soplete, soldadura.....Dícen algúns que os do noso ramo somos simples, que non falamos máis que de coches, mulleres e fútbol....gustariame saber cales serían os temas de conversación de esos mesmos despois de 10 horas de traballo, seis días a seman, despois de mover ferros, ladrillos, cemento e demáis material a man. Cando non quedan folgos, cando se consumen todos os hidratos de carbono, o cerebro non traballa....en esos momentos e mellor falar de tonterías, cousas intrascedentais. Os que xogades a imaxinar tende en conta que non é a vestimenta a que fai a persoa, igual que o ábito non fai o monxe, porque senon ides perder...

occam dijo...

mi ma anónimo!!! qué repaso!!! O qué é unha auténtica revelación é que se vistes funda perdes a imaxinación. Nunca escoitara tal os meus amigos da construcción

Lula Fortune dijo...

Eu o que fago cando vou no bus ou estou nunha cafetería é seleccionar un individuo e imaxinarlle unha vida de boa persona, con familia que o quere, nun traballo estupendo, sendo bo compañeiro. Entón a súa cara vai tomando rasgos bestíficos. E acto seguido penso todo o contrario: que é un cabrón, unha serpente no traballo, desconsiderado etc. E curiosamente tamén a súa cara encaixa na nova visión.
¿É moi grave o meu, doutor Occam?

occam dijo...

Gravísimo, Lula, gravísimo