miércoles, 2 de enero de 2008

Túnez II



Adoitábamos ir comer a esta cafeta que se atopaba perto da Facultade. Non pensedes que se podía comer de todo. A comida era esencialmente europea ainda que tamén había algunhas especialidades locais como uns briks deliciosos coma estos. Son unha especie de empanadilla de masa moi fina de trigo con ovo atún ou polo dentro.


O que no probei desta volta foui a Harissa, unha pasta feita de guindilla ca que condimentan moitos platos, xa que da outra vez estivera postrado 4 días por mor dela.

Pero do que máis gostei foi do burgul, que é trigo cocido enteiro non en fariña. Acompaña a carne de cordeiro e ten un proceso laborioso de precocción e secado antes de poderse cociñar.

5 comentarios:

Zerovacas dijo...

Pois bo proveito!

A Raíña Vermella dijo...

Que terrible envexa, gastronómica e viaxeira. Deberas ter aprendido a facer bulgur, e así podías deleitarnos a todos á túa volta (non sería xenial, aparecer na blogoquedada cun tupper de bulgur?

Lula Fortune dijo...

Vostede sempre encontra un local "axeitado á súa realidade", vaia onde vaia.
Bicos tunecinos.

la rata bastarda dijo...

Buenas,Mr.Occam...queria hacerte una pregunta sobre Tunez...en los baños hay papel higienico? corre la leyenda urbana que sólo hay un cubo con agua,para mojar la mano izquierda y luego limpiarse...es cierto?
Más que nada por si algún dia voy a una cloaquita de Tunez y no llevarme la Sorpresa.
Por cieto,tienes un blog muy interesante.Bicos.

Nuca dijo...

Benquerida ratiña

Pois máis ou menos é coma eiquí. Se vas a unha tasca infame o máis normal es atopes tamén infamia e noxo no cuarto de baño. Pola contra nos sitios elegantes é todo limpo e pulcro.

O que sí é certo é que en todolos hoteís xusto a carón da taza hai unha pequeniña mangueira cunha billa por se en lugar papel prefires facer ablucciones anais.

Moitas grazas pola visita e espero verte máis por estos lares