miércoles, 23 de enero de 2008

DE LIBROS E BLOGS




Hoxe mergulleime, por recomendación dun bo amigo, nun acto público e cultureta consistente nunha mesa redonda titulada "Os libos de mañá. Novas tecnoloxías e novas linguaxes". Falaron do futuro dos libros impresos en papel, dos dispositivos electrónicos que poden estar chamados a sustituilos, pero sobre todo falaron de creación literaria e blogs. Nomeadamente, ainda que non exclusivamente, dos que visitan éste.


Foi un acto entretido, máis un pouco encorsetado, pode que porque o formato de mesa redonda fora da tele non da máis que para microconferencias de cada un dos poñentes e non chega a establecerse un verdadeiro debate. Concordei con case todo o que se dixo, especialmente por María Yañez que fixo un discurso formalmente moito máis espontáneo e cun punto iconoclasta e provocador especialmente cando facía testemuña persoal afirmando que unha parte da sua biblioteca non superaría a próxima mudanza de vivenda. Pero, sobre todo, chamoume particularmente a atención a postura especialmente conservadora e reticente o soporte dixital da literatura sostida por Francisco Castro máis ainda cando ao parecer vai ocupar nunha editorial responsabilidades nese tema.

Entre os asistentes moitas caras coñecidas (singularmente estiradas) dunha parte do mundiño cultural vigués (tamén singularmente pequeno en proporción ca dimensión da vila). E ausencia absoluta da outra parte dese mundiño cultural máis vencellado a ciencia e a tecnoloxía. Un baleiro máis chamativo tratándose o tema que se trataba e habendo nesta cidade figuras sobranceiras na academia e na industria no eido das novas tecnoloxías.

Eu me mollo: O libro impreso vai ser un obxeto de agasallo que ficará reservado para edicións de luxo. Para leer: nada, pero para escoitar probablemente audiolibros. Os que teñan ipod e os probaran xa pode que me dean a razón

6 comentarios:

O Raposo dijo...

A medio prazo penso que o libro seguirá tendo unha clientela suficiente. A longo prazo ¿quen pode prevelo?
apertas.

Zerovacas dijo...

Fixen unha cousiña o mércores:
http://www.vieiros.com/nova/63790/como-seran-os-libros-de-mana-i
e
http://www.vieiros.com/nova/63792/como-seran-os-libros-de-mana-e-ii

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Zerovacas: noraboa por eses interesantes textos. Pero botámoste de menos onte e, como ves, pasamos lista.

occam dijo...

Raposo: nos xornáis do ámbito científico hai anos que o papel está máis que ultrapasado e os libros seguen o mesmo camiño. Por qué non vai a acontecer o mesmo no resto dos ámbitos?

Zerovacas: efectivamente son uns artigos moi acaídos que reflicten perfectamente o que alí pasou.

Arumes: pásase lista e moito máis!

Diarios de Rayuela dijo...

Quizás tengas razón en tu vaticinio, Occam. Pero personalmente me imagino dentro de unos cuantos años en una esquinita del asilo con mi mantita de cuadros sobre las piernas y un libro temblándome entre las manos. Si hasta la mayor parte de las veces imprimo las entradas de los blogs para leerlas más a gusto. Me temo que soy un antiguo irrecuperable.
Un abrazo.

torredebabel dijo...

eu son dos que pensan como o raposo: leva o libro moitas mortes prognosticadas e de momento goza de moi boa saude. Mais adelante, quen pode sabelo? se cadra, antes que os libros, extinguímonos os humanos...