viernes, 18 de enero de 2008

Sor Citroen era millor que Streiff



Malas novas para Vigo. Onte viu o presidente da compañía a por en escea o lanzamento dun novo modelo que fabricarase en exclusiva na factoría de Vigo. Todo parecía preparado para asistir a unha feliz xornada con periodistas de medio mundo e loas a increible productividade da planta.

Pero os peores vaticinios feitos tras a marcha de Riera anunciáronse tamén onte. Streiff falou de reducción de plantilla. Eso sí, dixo que moitos menos que os 6000 de Francia: Fraco consuelo de tontos. Hoxe a prensa estima en perto de 1000 os esforzados e produtivos traballadores galaicos que ficarán na rua.

Son insaciables. ¿cómo se poden plantexar recortes cando están a medrar como ningunha otra factoría? ¿Cómo se pode afirmar que hai que seguir reducindo custos e ao tempo seguir pedindo as administracións subvencións diretas e indirectas cas que engaden un auténtico pastón na conta de resultados? ¿Cómo xustificar agora a sua demanda reiterada de infraestruturas singulares como o CTAG de Porriño ou dos plans de formación de traballadores?. Non lles chega. Teñen que gañar máis, máis e máis, e pode que ante tal perpectiva bote gargalladas de satisfacción

2 comentarios:

la rata bastarda dijo...

Realmente,tu crees que les importa alo a ellos? crees que pensarán en todas las familias que seuedarán sin nada? Nooooo,solo miran beneficios,nada más.
Por cierto,en el periodico ponia que no fabricarán un nuevo modelo hasta 2012,crees que se avecinan tiempos peores?

Anónimo dijo...

Todo esto do capitalismo está moi ben. Moi ben montado, quero dicir. Baséase en que o que pon a pasta quite moita pasta. Se non quita moita pasta, non pon a pasta. Se non pon a pasta non hai pasta, iso está claro, e se non hai pasta, xa a jodimos. Entón o estado (a Xunta e os concellos tamén son o estado) danlle facilidades (as que sexan) para que o que pon a pasta non teña dúbidas de que vai quitar pasta, até que, diante da posibilidade de deixar de quitar pasta, o que pon a pasta se bota atrás. E aquí é onde o capitalismo o ten moi ben montado.
Antes, diante desa situación, o traballador rebentaba e asaltaba o Palacio de Inverno. Hoxe, prexubílase. A cadratura do círculo. Cando boten a eses 1000, ou 2000, á rúa, deixaranos sair en manifa manifesta a queimar uns cantos contedores de lixo no nome do tecido industrial vigués e do traballo dos nosos fillos en xeral, para que non digan que non hai loita obreira. Entón chegará o estado, Europa, o INEM, ou quen sexa e... todos a prexubilarse! A cobrar sen saír da casa. E o tecido industrial? e os nosos fillos? "Os seus non sei, pero os meus están estudando en Madrid para avogado nun apartamento de puta madre".
A prexubilación é a meirande mentira e o mellor invento do capitalismo. Inda se están a preguntar como non se lles ocorriría antes. Uns fenómenos, todos eles. E os demais, cun cebo así... quén é o listo que resiste? É perfecto.
Así que, Occam, non se preocupe por nada. Xa está todo amañado.