lunes, 14 de enero de 2008

Morte


Os telómeros son a parte terminal do ADN dun cromosoma e teñen unha función estrutural, esto é, non codifican ningunha proteína, non son un xene. Sirven para darlle estabilidade os cromosomas e, dacordo cunha sólida teoría sobre o envellecemento, están implicadas -alén de enfermidades como o cancro- na división celular e no tempo de vida das estirpes celulares.

En esencia esta teoría sostén que os telómeros actúan como contadores do número de divisons celulares xa que, lonxe de duplicarse co resto do ADN, van menguando en cada división, de xeito que tal desgaste fai inestable o cromosoma e a célula vólvese incapaz de duplicarse e morre. A consecuencia de tal proceso é que a morte da célula está programada dende o inicio do seu funcionamento. Este tipo de morte chámase apoptosis.

Pero en realidade, mesmo a nivel molecular e celular, a morte é máis complexa e as causas son moi variadas. As células poden morrer tamén por necrose se existe un axente externo que causa un dano ou de fame, por falta de enerxía se a mitocondría non traballa axeitadamente.

Así pois, unha simplificación tolerable do devandito sería afirmar que a apoptósis inducida polo acortamento dos telómeros é o que se chama morir de vello.

Pero a complexidade dota os sistemas que a posúen de novas propriedades. Cando esa célula da que estou a falar forma parte doutras superestruturas, órganos, organismos, individuos, a apoptosis non é mais que a faisca que prende a mecha dunha auténtica explosión de reacciones en cadea que, ao cabo, descríbese moitas veces como fallo ou colapso multiorgánico.

E nada máis.

A morte, pois, maila toda a sua complexidade (e ainda estamos lonxe de comprenderla axeitadamente) pode ser abarcada con un pensamento racional e co método científico.

A semana pasada estiven lonxe do blog por mor da morte do meu sogro. Sei que era correspondido no aprecio que lle tiña. E estou certo que él se revolvería contra moitos dos benintencioados ánimos que aludindo a sua transcendencia tiven que ouvir para aliviar a ferida da sua ausencia. A sua filla sí o fixo afirmandolles rotundamente os animadores que despois da morte o único que queda é o recordo.

Eu estou dacordo


[A pintura, chea de vida, é de Francois Xabier Fabre (1766- 1837) ainda que, paradóxicamente, titúlase Morte]

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu tamén estou de acordo. Sinto que se teña quedado sen alguén que o quería. Non nos sobran.

Zerovacas dijo...

que nos recorden é o que nos fai inmortais, non si? Sintoo

Nuca dijo...

En efecto, concordo zerovacas, a trascendencia dos que se van reside nos recordos dos que quedan.

Coma sempre, dlH61, sabio: Nunca sobran

Anónimo dijo...

Noraboa polo didactismo desa visión da fisioloxía dende esa perspectiva holística. Mália que tamén deixa un pouso de desazón, se cadra por facernos albiscar a crueza da mesma existencia.

Descanse en paz o seu sogro.

Anónimo dijo...

Pois a min, desde esa perspectiva (holística! Jarl! Qué ben falades. Vou mirar ao dicionario), a existencia non me parece crúa. É máis, abre un horizonte brilante. A constatación de que a miña vida ten unha trascendencia biolóxica, que non divina, o feito de verme como un ser vivo máis (nin menos) desto que chamamos mundo, e que a miña existencia dependa dun telómero que se desgasta mentres fai o terrible e inevitable esforzo de replicar os xenes que o acompañan... qué quere que lle diga, ademais de fermoso e poético resúltame moi tranquilizador.

Raposo dijo...

Ou sexa que os telómeros son os responsables do noso envellecemento, porque son uns lacazáns e non se duplican.
Pois si que ...
Concordo con zerovacas: fermosa frase.

R.R. dijo...

O primeiro, un abrazo pró señor Occam

O segundo, que estou de acordo do mestre dlH61 nesa visión natural do feito, oxalá sexa capaz de mantela moitos anos.

E o terceiro, que esa descrición do proceso, señor Occam, heilla roubar un día calquera. Estea atento.

Por último, outro abrazo para Occam e deséxolles memoria para todos, para lembrar ós que quixemos e queremos.

Anónimo dijo...

"Nos deja, harto consuelo, su memoria" que diría Manrique.
Vostede perdoe, que son de letras, pero a súa descripción encantoume. Non entendín case nada, o polo menos só o esencial. Creo que me impresionou eso de que a información da duración das celulas xa está dende o principio.
Dame un pouco de medo ter toda esa información dentro e non saber qué facer con ela.
Perdoe esta "falta de inoransia" que dicía un conocido.
Bicos e memoria.

DIARIOS DE RAYUELA dijo...

Lamento la pérdida y me satisface el modo en que tu mujer la ha afrontado. El mejor de los posibles. Un abrazo a ambos.

torredebabel dijo...

todo o proceso, complexo e por moito descoñecido, que é cada morte non é quen de explicar a inmortalidade que tamén é unha condición das persoas que souberon sementar amor. Apertas e ánimo ao lonxe.