domingo, 14 de octubre de 2007

O Courel e o fin de As Fontiñas



Hai uns vinte anos descubrin O Courel. Dende entón sempre que podo lle fago unha visita as súas aldeas, fragas, devesas, tesos, pontallas, ríos e ferreirias. E sempre termino parando a cear en As Fontiñas en Seoane.

Nesta ponte non poiden cumplir con tal tradición por mor da xubilación da súa patrona e cociñeira. É unha gravísima perda para os amantes da boa gastronomía de montaña. Xa non volveremos a deleitarnos con aquel corzo con castañas ou co plato de grelos con chourizo e lacón e, por suposto, castañas. A miña filla adoraba os ovos fritidos con unha fina puntilla e patacas. Todas as materias primas, xa o imaxinan, da casa.

Tampouco volveremos a acougar no ambente familiar, silencioso e repousado daquel salón donde comíamos servidos discreta e dilixententemente polos seus fillos.

O primeiro deles que coñecín foi Xesús Manuel Marcos López, por certo, Premio Merlín de Literatura Infantíl de Xerais que despois dun tempo alonxado volveu a Lugo capital o que lle permitía achegarse con frecuencia a botar unha man na casa.

Felicitacións pois a ela e ós seus fillos, e a todolos comensais condolencias

1 comentario:

R.R. dijo...

Joder (con perdón), pois xa non o coñecerei, e mira que andei xa algunhas veces por alí... Qué pena. Aínda así, paga a pena a visita á zona.