Onte no avión que me levaba a Madrid o azar sentoume a carón de Lopez Peña o presidente da zona franca de Vigo. A sorpresa foi que estaba a ler un libro inusual nunha persoa da súa condición e formación (ou a lo menos así mo pareceu): Deconstruyendo a Darwin "Los Enigmas de la Evolución a la Luz de la Nueva Genética" · SAMPEDRO, JAVIER. Estivemos a falar da evolución do creacionismo e de moitas máis temas de divulgación científica.
Foi una viaxe agradable e entretida. Noraboa a Peña pola elección das súas lecturas
4 comentarios:
Sr. Occam
Perdoaréille ao ghicho ese da zona franca (vaia co nome) que non fora lendo Limpeza da sangue, pero aproveito para facer aquí unha defensa da lectura de non ficción, que para moitos semella que non é lectura. Eu mesmo, que sempre estou con letras diante, digo iso de "eu non leo moito", porque non son novelas, poesía (teatro si, só unha única obra pero moitas veces) ou calquera outro xénero de ficción.
A ver se logramos cambiar iso.
concordo, de la H61, concordo
Las lecturas de las que habla Highway en su atinadísimo comentario dicen quizás más de nosotros que las de ficción. Porque, la mayor parte de las veces, son más escogidas. Descubren, por tanto, de manera más evidente ciertas afinidades entre lectores.
Me alegro por el provecho que supuso el viaje.
Por onde anda, logo, amigo Occam: non andará pola miña terra?
Publicar un comentario