lunes, 29 de octubre de 2007

Beppe Grillo


Beppe Grillo é un popular cómico e actor italiano que leva anos criticando de xeito afiado e contundente a corrupción de la clase política italiana. Tamén ten un blog que ten mais de 160.000 accesos mensuales, de xeito que segundo o blog de E. Dans ten más vistas e vistitas que moitos medios convencionais como La Stampa.

Estes días está a ser noticia porque no seu blog se anunciou que se está a preparar unha lei en Italia para controlar esta ferramenta de comunicación xa que, polo que se coñece, as autoridades non gostan moito da crítica anónima dos cidadáns. Os ecos desta nova chegaron tamén ata España e El País recolleu os detales de tan rocamboslesca iniciativa.

Os imaxinades que eiquí alguén propusexe algo parello? Cal sería a reacción?.

2 comentarios:

Ana Bande dijo...

Impresionante noticia, grazas pola achega. Non crea, levo pensado moito neste tema dos blogs e as ventaxes que teñen precisamente pola liberdade coa que se opina neles...xa me preguntaba hai tempo canto duraría esta liberdade e vexo que cada día hai milleiros de cans rabiosos desexando pechar fiestras e máis fiestras para abafarnos co seu abafante discurso monocorde, monolingüe, monocromático...

Anónimo dijo...

Vai ser que ten que facer un oito. O meme que lle propoño non é obriga, pero como non o faga acórdase.