jueves, 18 de octubre de 2007
Autobombo imbécil
Non adoito a facer este tipo de post descalificatorios. Normalmente cando vexo unha imbecilidade paso dela mirando para outro lado cun sonriso entre benevolente e comprensivo da condición humán.
Pero nesta ocasión non poiden resistirme, é que xa chove sobre mollado. Non é a primeira vez que o protagonista da nova que hoxe publica o Faro e que podedes ver na foto sae na prensa con titulares por todolo alto, sen dúbida dictados por él a xornalistas ignorantes científicos ós que lles cola goles fabulosos. E é que ao tipo gostalle máis o autobombo que a un neno dun chupachups.
O artigo é unha escolma de medias -ou nen sequera- verdades nas que se presentan coma a quintaesencia da proteómica. Eu que coñezo ben ó grupo afirmo -presentando probas a quen o desexe- que tales afirmacións son parellas as que eu podería facer de min mesmo si dixera que son un experto programador informático tan só por manter este blog activo.
Pero para quen lea esto alleo a comunidade científica, debe saber que, especialmente no campo de traballo deses investigadores, os achádegos importantes publícanse en revistas como Nature ou Science. Se non se chega a esa calidade tampouco é moco de pavo acadar que publiquen as investigacións en calqueira das revistas que se ordean polo seu impacto no Science Citation Index (SCI).
Dende logo, e con todolos respetos a Real Academia Galega de Ciencias, a súa revista (que, por suposto, non se atopa na lista do SCI) cumpre outra misión, e non é un instrumento de difusión entre a comunidade científica internacional de investigacións de vangarda.
Así pois, que lle concedan a calquera un premio por publicar un artículo en tal revista non deixa de ser un mérito científico de moi, pero que moi, discutible relevancia. De feito, son eles os únicos que coñezo que utilizan ese medio para a difusión da sua laboura.
En fin, como decía a miña avoa: animaliños...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
9 comentarios:
Menos mal que vostede non adoita, que se non, miña nai.
Ou sexa, que é un timo como a copa dun piñeiro (con permiso do señor Arume).
poi sí, ainda que teño navalla non vou pegando navalladas ós compañeiros. Nesta ocasión, como dí apicultor, a enverga-dura (con perdón) do tipo que os ten galvanizados merecía contundencia
Pero non teñen os invetigadores científicos métodos de validación ou refutación (non usarei "falsación") que seica convirten as súas prácticas en "ciencia"? Semella que a cousa non é tan sinxela, e que o matute se coa con tanta facilidade como noutros estudos modestamente "humanísticos".
Ademais, se neste caso houber timo, cal é a reacción da universidade á que pertencen os timadores? E a dos demais colegas? Haberá alguén que critique os seus métodos e os desenmascare? Se se cala e se mira para outro lado, onde queda a "ética científica"? Hai, en todo caso, algo que poida ser así chamado?
A ver: Técnicamente non fixo fraude, non inventou datos, non fixo plagio. O que é formalmente e estéticamente reprobable son duas cousas:
1: Mandar a publicar a esa revista un traballo sabendo que ninguén do ámbito envía alí nada e que polo tanto ia ser aceptado sen nengunha restricción. Digamos que é como pescar troitas nunha piscifactoría. Está claro que van picar, e polo tanto non ten mérito.
2:o uso de medios de comunicación de masas que se dirixen a un público non formado para aparecer como se fosen a quintaesencia da ciencia mundial. cousa que, evidentemente, non é certa.
Con respecto os contidos do seus traballos son de calidade cuestionable en canto o impacto científico, especialmente por estar a usar tecnoloxías xa superadas, pero en ningún caso merecedoras de denuncia como fraude
Teconoloxías xa superadas: velaí unha das claves. E non debería haber, polo tanto, quen demostrase iso e como tal circunstancia afecta aos resultados da investigación?
Vaia, vaia, vaia, pois estas cousas aínda que non lle guste poñelas no seu bló hai que sabelas, porque os ignorantes coma min en temas científicos pero lectores compulsivos corremos serio perigo de perder o tempo en trapalladas. Grazas pola información, pois.
Fai unhos anos,publicóuse a toda páxina nun diario nacional que un equipo de investigadores españóis aislaran o gen que coloca os brazos no seu sitio ou algo así.Faléi cun amigo que tiña daquela traballando neses temas nun laboratorio en Sta.Cruz,California.Mexábase coa risa.Díxome que eles aislaban cada día un montón de xenes dese tipo ou máis importantes,como algo rutinario,e non saían ós medios.
Xoan: pois iso
Publicar un comentario