jueves, 18 de diciembre de 2008

orgasmo global




Invítovos a participar na terceira edición do orgasmo global que vaise celebrar mundialmente o vindeiro domingo. O evento ten tres boas, moi boas, motivacións: a Paz, a xustiza social e de xénero e o quencemento global.

Alén do tremendamente divertido que vai resultar o asunto, o orgasmo global ten un transfondo científico tan profundo coma controvertido. Tratáse do proxecto da Universidade de Pincenton da Conciencia Global que plantexa a hipótese de que os campos que xeran as conciencias individuáis poden iteractuar e, se son quen de poñerse dacordo e focalizar nalgo as inquedanzas, ter unha repercusión física sobre o mundo.

A cuestion é polémica porque ten que ver cos fenómenos paranormáis, a telequinesia e outras herbas raras, pero o certo é que os tipos do proxecto teñen unha chea de terbellos espallados para medir estados globales de conciencia. Os terbellos son uns dispositivos electrónicos que xeneran números aleatorios. A probabilidad deles rexistrase en continuo. Ao parecer existen evidencias empíricas de que ante determinados feitos de alcance e impacto global -coma o atentado das torres xemelgas ou un orgasmo global- esa probabilidade altérase dun xeito non predecible estatísticamente. Tal anomalía din que é debida a conxunción de milleiros de mentes pensando unísonamente sobre o feito.


Sexa coma for, que ninguén me chame o domingo as 12 da mañán porque non vou poder
atendelo. Estarei a participar nun experimento científico de gran en-verga-dura.

17 comentarios:

Anónimo dijo...

Non deixa de ter o seu aquel..., un polvo multitudinario producto dunha xigantesca palla (mental)!

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Ter os trebellos es[palla]dos é o que ten.

Anónimo dijo...

Deixa os trebellos e imos pallá...!

bouzafria dijo...

Estos días escoito moitas veces repetida esta glande conbocatoria

Anónimo dijo...

Eu tamén o escoito.

[Nota importante para o dono do furancho: a miña actitude claramente okupa é directamente proporcional á miña indecente afección ó chascarrillo pueril. Agardo a súa comprensión e, xa que logo, a súa benevolencia].

Nuca dijo...

Canciño: este blogue está sempre "aberto" ao chascarrillo, especialmente ao casquivano e escatolóxico.

Non hai máis que ver como Arumes e Bouzafría aproveitan a ocasión

Teño que decirlles a todos que as miñas estreitas (xúrolle que moi estreitas) colaboradoras van participar na movida. Temos combinado de chamarnos ao rematar, so que para que non haxa envexas fixamos a chamada para dúas horas despois de comenzar o "acto"

Chousa da Alcandra dijo...

Sempre me interesei moitísimo pola ciencia. Desta non vai ser menos!
Non sei se poderá concordar a hora (atómica); pero dende a Chousa globalizaremos orgasmicamente.

(Estes sí que son "memes" alonxados da memez!!!!)

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

No medio do orgasmo non puiden saber como foi todo? Había algúen tomando nota?

Anónimo dijo...

Haberá que utilizar eses sensores pra evaluar a alteración do campo magnético ante:
-Un gol do Madrí nunha final có Barsa. Hum. As emociós dos tiffosi de un, cancelaranse coas do outro. Resultante:cero.
-A entrada de ano, con uvas e petardos. Nada, non sirve. Non é global.
-A proclamación oficial do ganador das elecciós americanas. Tampouco sirve. O candidato desperta un número comparable de adhesiós e rechazos.
-Orgasmo Global. Dicen que o orgasmo das mulleres é diferente e induce a sensaciós moi diferentes, posiblemente complementarias, ao dos homes. Resultante, tamén Cero.

Anónimo dijo...

Teréi que estar atento ao próximo Orgasmo Global. Podería ser bó momento para atracar un banco, dar un golpe de Estado, ou así. Xa se me ocurrirá algo.

Nuca dijo...

Chousa, alédome de ver que participou con nos.

Arumes: Xuroche que foi apoteósico. Onde eu estiven éramos unha chea deles e delas dalle que te pego. Non sei porque non viñeches. Preguntaron por ti.

XDC, de todolos exemplos creo que precisamente a entrada de ano podería valer

Anónimo dijo...

Eu propóñobos unha experiencia que xa vivín eu, por certo sin buscala deliberadamente, e de xeito incómodo (os asientos dun 124D era o que tiñan):

Fagan o amor coa sua parexa, e administren tempo e procedementos para que o orgasmo compartido coincida coa última das doce campanadas da noitevella. Engádense dous "clímax" de natureza diferente. Si ademáis, consigue executar doce "campanadas" fluidas, tanto mellor.

Si porrriba nos coordenamos todos, ese sí que pode ser un "orgasmo global" que alteraría as comunicaciós informáticas dun xeito que nin o "efecto 2000" pudo soñar.

Nuca dijo...

XDC: Boísima idea. Tereina en conta dentro duns anos cando a nena xa non celebre as campanadas con nos.

Por certo, enhoraboa pola sua excperiencia

Cuspedepita dijo...

Vaia, ho! Chego tarde para o experimento!!
E con este corpo serrano que teño eu hoxe !! ;-) jeje...

En fin...será para outra.´

BO NADAL, OCCAM.

Bicos

R.R. dijo...

Eu como cheguei tarde tiven que repetir...

Nuca dijo...

Ruibal, ti por recuncar xa non sabes o que facer

Unknown dijo...

eu casi que penso que os da universidade esa usan demasiado as "outras herbas raras"....